Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Building Castles in Spain. Luís Seoane

En New York morreu fracasado, trinta e tres anos de América, Ramón Rodríguez Iglesias
que tiña traballado todos ises anos no porto da cibdade,
na colleita de mazás en California
nas minas de Pensilvanya
na sega do trigo en Minnesota
indo dun estado a outro soñando, asentado cas pernas afora, nas portas dos vagós de cárrega dos ferrocarrís
pra ter, era seu soño, un castelo ergueito sobor rochas cobertas de argazos, de percebes, de patelas, de nécoras,
sobor dunha mar fonda, de pulpos pretos,
na costa atlántica galega.
Un castelo cavilaba envolto en cincentas névoas e outas vagas
e que, sen sabelo, Ramón Rodríguez Iglesias tiña herdado facía moitos anos.

Cando morreu, ao seu sobriño desconocido, Dalmacio da Cruña,
quedáronlle do tío de América uns poucos dólares
e tamén o castelo ergueito sobor de rochas, broslado de escumas da mar,
que o tío americano tiña soñado
nas minas de Pensilvanya, no porto de New York, nos trigaes de Minnesota, nos pomareiros de California.



Luís Seoane, Fardel de eisilado, 1952
Comentarios (0) - Categoría: 051. Xeración do 36 no exilio - Publicado o 08-02-2010 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal