Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Cancioneiros profanos galego-portugueses
Miniatura do Cancioneiro de Ajuda
As primeiras manifestacións da literatura galego-portuguesa son textos en verso, as cantigas, compostas na súa maior parte por trobadores cultos do Noroeste da Península.

As súas composicións circularon dispersas durante moitos anos até que apaixonados da poesía as compilaron, organizando coleccións, máis ou menos completas, ás que se lles dá o nome de cancioneiros.


Chegaron até nós os seguintes códices ou cancioneiros:

Cancioneiro de Ajuda

Cancioneiro da Biblioteca Nacional (tamén chamado Cancioneiro Colocci-Brancutti)

Cancioneiro da Vaticana


ACCESO AOS MANUSCRITOS GALEGO-PORTUGUESES (Base de datos on line creada en 2011 polo Instituto de Estudos Medievais da Facultade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, desde a que podemos acceder aos manuscritos e á totalidade das cantigas medievais conservadas nos manuscritos galego-portugueses.)


Comentarios (0) - Categoría: 010. Literatura medieval - Publicado o 18-11-2009 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal