A obra teatral Os vellos non deben de namorarase foi estreada no exilio de Castelao, no teatro Mayo en Bos Aires, no ano 1941.
Para a súa personaxe "Lela", Castelao escribiu a letra dun fado que leva ese nome.
"Esta é unha obra maxinada por un pintor e non por un literato. Por eso necesita unha serie de deseños cooreados, que din tanto ou máis que as verbas escritas."
Daniel Rodríguez Castelao
Eis un vídeo cos deseños das máscaras, vestiario e escenas d' Os vellos non deben de namorarse (da 1ª versión e da versión definitiva que se atopan no Museo de Pontevedra) e o fado "Lela" de fondo, cantado por Dulce Pontes na adaptación de Carlos Núñez.
LELA
(Alfonso Daniel Rodríguez Castelao)
Están as nubes chorando
por un amor que morreu
Están as rúas molladas
de tanto como choveu (bis)
Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos
Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.
Dame alento das túas palabras,
dame celme do teu corazón,
dame lume das túas miradas,
dame vida co teu dulce amor. (bis)
Lela, Lela....
....
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.
A continuación outro vídeo cun fragmento da posta en escena que o Centro Dramático Galego realizou no ano 2000:
|