Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

O club da calceta
O club da calceta é unha novela de María Reimóndez e foi publicada por Xerais en 2006.

Recibiu o XIII premio Arcebispo Juan de San Clemente, certame organizado polo IES Rosalía de Castro de Santiago e que é outorgado por alumnado de secundaria de diversos institutos de Galicia, que escolle as que considera as mellores novelas da literatura galega, da española e da estranxeira.

O Club da Calceta foi ademais adaptada pola autora para o teatro e levouna aos escenarios ao longo do 2008 a compañía Teatro do Morcego, dirixida por Celso Parada e interpretada polas actrices Estíbaliz Espinosa, Susana Dans, Laura Ponte, Maxo Barjas, Elina Luaces, Luisa Merelas e Inma Antonio.

Por outra banda, tamén en 2008 tivo lugar a rodaxe dunha longametraxe para televisión co mesmo título, coproducida por Galicia e Cataluña e rodada en galego en Ferrol, con guión e dirección de Antón Dobao.

Eis o trailer da película O Club da Calceta, que se estreou en 2009, interpretada por María Vázquez, Sonia Castelo, Katia Klein, Mela Casal, Susana Dans e Camila Bossa:



E seguindo coa colleita de éxitos da novela, a adaptación para a pantalla gañou a undécima edición do Festival Internacional de Cinema de Famalicao (Portugal), que destaca co seu galardón as adaptacións cinematográficas de obras literarias.

Podemos recoller máis fíos de interese sobre O Club da Calceta no blog que María Reimóndez lle adicou: O Club da Calceta


Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 08-04-2010 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0