Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Morning Star e Tomás das Congostras
Esta novela de bandoleiros galegos escrita por Xosé Miranda, chamada Morning Star, como xa dixemos está inspirada en maleantes reais que aparecen mencionados nas crónicas do século XIX.

Un deles é Tomás das Congostras, personaxe secundario na novela e que existiu na realidade, aínda que se descoñeza qué hai de realidade e qué de lenda nas historias que circulan sobre el. Dise que tiña o seu refuxio na Pedra de Anamán, na Baixa Limia, e contan as historias locais que berraba:

"I pobre non o ten
i o rico non o dá.
Quen queira sentar plaza
saia á Pedra de Anamán
con dous pesos diarios
i un trabuco na man."

Aquí podedes escoitar unha canción do grupo de rock Os Diplomáticos de Monte Alto, inspirada neste personaxe e no seu berro de loita:




Velaquí unha anécdota sobre Tomás das Congostras recollida por Xurxo Souto no artigo Tomás das Quingostras:

A NENA E O LADRÓN

Pepe Domingo Bernardo contoume a historia do ladrón, segundo lla contou a el a súa avoa, Hortensia. Segundo lla contou a Hortensia, a súa avoa, Albina, que un día se encontrou co propio Tomás das Quingostas. Era unha neniña de 12 anos. Saíu coa súa nai de Pereira pola mañanciña para vender un paxe de peras en Castro Laboreiro. Apareceu na feira o ladrón da Pena de Anamán. Chegou cheirando ao bravío e foi parar onda Mariana e mais Albina. A rapaza agochouse contra o mantelo da nai. Nunca o vira pero sabía ben quen era. Tomás fitouna e falou: ?Nena e ¿canto valen as peras?. ?Para vocé, señor Tomás, non son contadas. Contestou Mariana. Tomás sacou do peto un pano portugués. Colleu as peras que quixo. E o home bravo, afeito a vivir entre uces e queirugas, a beber nos corgos e durmir no foxo do lobo, pousou na manciña da rapaza un feixe de moedas de prata ben grandes. Despois, marchou amodiño cara a Pena de Anamán. Albina nunca máis o viu, pero á neniña o ladrón terrible pareceulle entón máis guapo e máis bon que as figuras que saían nos libros dos santos.



Comentarios (2) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 19-04-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Que ben traída esta relación entre os D.M.A. e o libro de Miranda! E que bos recordos dos concertos dos Diplomáticos!

#blgtk08#/> Acabao de engadir este blogue entre as ligazóns do meu, na sección dedicada aos blogues de aula de LG.

Saúdos
Comentario por Román (20-04-2009 00:33)
2 Grazas, Román, p#blgtk08#olo entusiasmo!
Comentario por María (21-04-2009 00:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0