Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Voces ceibes

Voces Ceibes é un colectivo de cantantes que entre 1968 e 1974, nos anos finais da ditadura franquista, cantaron en galego incorporando a protesta ás cancións, na liña da canción protesta que se facía por toda Europa e que tiña o exemplo máis visible na Nova Cançó catalana, musicando poemas de autores como Celso Emilio Ferreiro ou Ramón Cabanillas, pero tamén propios.

Voces Ceibes naceu oficialmente nun recital na facultade de Medicina de Santiago o 26 de abril de 1968. Benedicto, Xerardo Moscoso, Xavier González, Vicente Araguas e Guillermo Rojo foron os Voces Ceibes iniciais, máis adiante uníuselles Miro Casabella e, finalmente Bibiano Morón.

Voces Ceibes supuxo o nacemento da canción en galego.

Artigo de Bibiano: O NACEMENTO DA CANCIÓN GALEGA: ?DE VOCES CEIBES Ó MPCG?


VÍDEOS DOCUMENTAIS QUE FALAN DO COLECTIVO VOCES CEIBES:

Ben falado! Capítulo 96 (Emitido o 1/12/2008)

Fragmento da Serie Documental "Galicia na Transición".


DISCOS NOS QUE CANTAN OS CANTAUTORES DA NOVA CANCIÓN GALEGA:

Galicia Canta (Caracas, 1970).

"Noticias da Nova Canción Galega" (1967 / 1974).


Comentarios (0) - Categoría: 053. Voces Ceibes - Publicado o 11-06-2009 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0