Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Flores, por exemplo, non recordo, non sei
Flores, por exemplo, non recordo, non sei
se valen os peixes de cores que había encima da vanguard
que mercaron cando nacín. Vivíamos no segundo,
ao redor dun patio cincento, unha sucesión de plásticos
particulares. As veciñas cantaruxaban
sobre eles. Eran gotas soas de auga na tarde inmensa,
a hora que paraba a televisión.
No piso ras do chan dúas vellas
amoreaban leña e varredura. A porta
cheiraba tanto que estaban soas, ou tolas,
como se non vivisen na cidade.


Xabier Cordal, A vella peneira a noite, 2001.

Podedes escoitar este poema na voz do propio autor no blog Mensaxe nunha botella.






Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 19-04-2009 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal