Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

A derradeira voluntá
Cando eu pasar desta vida,
levádeme á Ponte-Ceso,
non vestido este meu corpo
de profano vestimento,
mas do saial de Francisco,
cinxido, humilde, sinxelo,
-que, anque humilde non nacín,
humilde repousar quero-,
e xa alí me sepultade
no monumento paterno...
Cando eu pasar desta vida,
levádeme á Ponte-Ceso.
Se non for na Ponte-Ceso,
sepultádeme na Cruña,
nesta garrida ciudade
que mil bellezas aduna,
a cabo do insigne Curros,
xa que a del i a miña musa
a fala de Breogán
fixeron nobre e robusta:
eu quero xacer de par
de tan nobre sepultura...
Se non for na Ponte-Ceso,
sepultádeme na Cruña.
Comentarios (3) - Categoría: 033. Eduardo Pondal - Publicado o 14-05-2007 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Neste poema di que quere que o enterren en Ponteceso, pero se non é posible quere que o enterren na#blgtk08# Coruña. Quere que o enterren coa roupa humilde; ainda que non naceu humilde, humilde quere morrer.
Comentario por inés (21-05-2007 15:46)
2
Neste poema de Eduardo Pondal, o autor, como indica o texto, expón a súa derradeira vontade. Quere que o enterren en Ponteceso, a súa vila natal, xa que quere ser enterrado humildemente no lugar do seu pai. A pesar disto, o autor explica que se o seu e#blgtk08#nterro non puidese ser en Ponteceso, entón quere que o enterren na Coruña, cidade á que admira e na que está soterrado Curros, escritor que tamén admira por defender e alzar o idioma galego. Así, nos últimos versos pide que o enterren en Ponteceso ou na Coruña.
Comentario por Sonia Rico Alonso 1º Bach. B (21-05-2007 17:13)
3
Neste poema Pondal expresa a súa vontade de que cando morra sexa enterrado na súa terra, Ponteceso, de maneira humilde. Logo sinala que se non pod#blgtk08#e ser na súa terra que sexa na fermosa cidade da Coruña, cabo de Curros Enríquez porque ambos falaron de Galicia na súa obra poética para tentar ennobrecela.
Comentario por Lucía Fraga-1ºbach-B (21-05-2007 17:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal