Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

O grandor do mundo
O GRANDOR DO MUNDO

Tanto ouvira falar de Bôs-Aires, das ruas longas e direitas que non se dan ademiradas nin andadas, da prata relocinte e xenerosa con que alá premian o traballo, dos boletíns de moitas llanas e da xente sabida que os lé, dos longos trens que bruan pol-a pampa infinda e de mil cousas ledas, lanzales e rumosas, tanto ouvira falar, antrementres co-a navalla barbeira ?a mais levián da vila- percorría as fazulas dos seus parroquianos de sempre, e tanto no seu maxín escarabellou o falado, que un día topouse de súpito co-a circia vôntá d?ir a Bôs-Aires. Dez anos alá, e voltaría rico de pecunia e lembranzas.

Unha mañanciña saeu da vila cun baul pequerrecho.

Cando chegou ao porto ?endexamais vira unha cidade- sinteuse atordoado e pequecho n?aquel reducio de escintilos e romores novos, e a rentes andivo de voltar. E hai quen di que dixo moi ademirado, moi anguriado e moi pol-o baixo: -¡Qué grande é o mundo!

Dez anos alá e voltou rico de pecunia e lembranzas.

Chegou en tempo de invernía, cando andan os gatos a se pasearen pol-a casa moi desacougados, e as galiñas fan ringolas na sombra do alpendre, e as badaladas que chaman â novena fan o serán esguío, espiritado.

E cando estivo na casa e pasou o ledo barullo do recibimento, púxose a asubiar algo que escomenzou en tango e rematou en vella cantiga, mentras os vidros da fiestra choromicaban diante dos seus ollos, estragoando a rua homilde.

Algo moi vello e moi novo foi sortindo solermiñamente de non sabía que esquencidas veas do seu intro. E sinteuse asolagado ate a gorxa de dôce e rara anguria de morto reviviscido. E cando pasaron uns picariños correndo e salmodiando aquelo, (?Chove ? chove - na casa do probe, - na miña non chove?) marmulou co-a voce esnaquizada:

- ¡Qué grande é o mundo!.


Dieste, Rafael, 1985. Dos arquivos do trasno, Vigo: Galaxia




Rafael Dieste na Galipedia


Comentarios (0) - Categoría: 048. Rafael Dieste - Publicado o 31-01-2013 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0