Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Teu nome por mar e terra. Carlos Rivero Troncoso
Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa
nos outos muros da noite.

Nun pano cor de limón
pon o teu nome e no mar
ízao no mastro maior.

Vou escribilo na area
có tinteiro de alborada
pra que o vexan as sereas.

Se o teu nome naufragase
ían saber a vainilla
as augas dos sete mares.

Con branco fío de seda
vouno bordar na bandeira
dunha nao que sae pra Cuba.

Pra Cuba non meu amor
quero que vaia o meu nome
prá illa de Curaçao.


Carlos Rivero Troncoso


Versión musicada por Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero para o disco A cada canto (2012):




Comentarios (3) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 30-09-2012 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Grazas por compa#blgtk08#rtir esta música
Comentario por teresa (30-09-2012 22:59)
2 Encántame o traballo que podemos#blgtk08# ver neste blog. Motívame sempre
Comentario por teresa (04-10-2012 22:44)
3 Que marabilla!
Vai directo copiadiño par#blgtk08#a A profa.
Feliz curso.
Apertas.
Comentario por aprofa (07-10-2012 14:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal