Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Unha vez tiven un cravo



Poema de Rosalía de Castro na voz e na imaxe de Estíbaliz Espinosa.


Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal chorou Madanela na pasión.
“Señor, que todo o podedes
-pedínlle unha vez a Dios-
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición”.
E doumo Dios, arrinqueino;
mais…¿quen pensara…? Despois
xa non sentin máis tormentos
nin soupen que era delor;
soupen só que non sei que me faltaba
en donde o cravo faltou,
e seica, seica tiven soidades
daquela pena…¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quen o entenderá, Señor…!

(Poema 10 de "Vaguedás" en Follas Novas, 1888)

Rosalía de Castro, 1986, Follas Novas, Vigo: Galaxia


Versións musicadas en Son de Poetas


Outra versión recitada:




Comentarios (0) - Categoría: 031. Rosalía de Castro - Publicado o 29-05-2012 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal