A xornalista e poeta
Eva Veiga vainos visitar mañá no instituto para falar de poesía cos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato.
E estamos especialmente encantad@s de recibila no Breamo porque, ademais dos seus méritos como xornalista e poeta, Eva estudou o Bacharelato no noso instituto.
Eva Veiga naceu en
Ombre, Pontedeume, en 1961.
Tras ter realizado estudos de Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en
El Ideal Gallego e, a partir do ano 1985, na Televisilón de Galicia, onde desenvolveu unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo na dirección e presentación de programas culturais. Neste eido foi dúas veces
Premio TP e
Premio Galicia de Comunicación. Asemade, presentou e dirixiu para televisión a serie documental sobre a historia da arte galega
Galicia no Tempo, programa que foi galardoado co
Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia e co
Premio de Honra da UNESCO.
Realizou estudos de dirección de cine e de teatro con J. A. Bardem e Leonid Roberman, respectivamente.
Ten publicados os libros de poesía
Fuxidíos (1993, accésit Premio Esquío),
Paisaxes do baleiro (Xerais, 1999),
A pedra insomne (Ferrol-Análisis, 2002),
A Luz e as súas cicatrices (Esquío, 2006),
Desconcerto (Biblos, 2006),
Nesta hora imposible (2010) e
A frecha azul do teixo (Espiral Maior, 2010).
Realiza cartafoles de poemas e gravados co artista Alfonso Costa. A súa poesía adoito comparte espazo coa doutros poetas en libros colectivos. Ten publicado tamén varios relatos.
No ano 2002 publicou unha guía sobre Compostela titulada
Santiago, Cidade de peregrinación e é autora tamén, en colaboración con Ánxeles Pena, do libro
Alfonso Costa (2008), un exhaustivo estudo da vida e da obra do pintor noiés.
Na actualidade colabora en diferentes xornais e revistas e forma parte do Grupo Ouriol, co que realiza espectáculos poético-musicais tanto dentro como fóra de Galicia.