Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
No fondo da cesta. Xulia Alonso Díaz |
|
 No fondo da cesta, un colchón de fentos. Sobre eles, boquexando, abrindo e pechando boca e branquias, unha ducia de fermosas troitas loitaban por respirar, por non afogaren nun medio que non era o seu, fóra do líquido, fluído vital onde, ata uns minutos antes, nadaban tranquilamente.
Boquexaban.
Meu pai chegaba orgulloso coa súa cesta chea de peixes. Eu miraba as troitas, as súas escamas brillantes, os seus bonitos lunares. Algunhas xa non se movían, outras aínda choutaban. A el gustáballe botalas no vertedoiro de mármore branco da cociña, onde algunha aínda brincaba nun último intento por fuxir. Recordo que a meu pai pegáballe a risa ante a escena, satisfeito, claro está, como bo pescador que era. Eu non entendía a súa risa, agredíame a súa risa, si agredíame.
Porque eu tamén boquexaba.
(páx. 107)
ALONSO DÍAZ, Xulia, 2010, Futuro imperfecto, Vigo: Galaxia
Autor da fotografía: Nacho Camacho
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|