Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Nus farrapos... Noriega Varela
NUS FARRAPOS...

Nus farrapos envolto, meu neniño
unha vella topouno nun camiño;
rapaz, morou nas fragas recadado,
en compaña dun can, gardando o gado;
mozo, picou prá guerra, frente a frente
da morte non tremeu, era valente:
bateuse co enemigo de tal xeito
que loitou, moitas veces, peito a peito.
Sin cruces, nin galós, no chau tirado
dun balazo morreu, probe soldado.
........................................
........................................
A vella que o criou está tullida:
naide máis o recorda nesta vida.


1904

Antonio Noriega Varela, Do ermo, 1920

NORIEGA VARELA, Antonio, 1982, Do ermo, Vigo: Galaxia


Comentarios (2) - Categoría: 043. Antre dous séculos - Publicado o 30-07-2011 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Polo que leo en :

- "Os cen Mellores poemas da língua galega" -

(Ediciones Celta - Lugo - 19#blgtk08#71)

este humilde poemiña data de 1904, tal vez do primeiro libro, e foxe incluido no seguinte - Do Ermo -
Comentario por Enrique (09-08-2011 21:37)
2 Obrigada pola informació#blgtk08#n, Enrique. Tomo nota.
Comentario por María (10-08-2011 22:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal