Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Así que isto era. Xabier Cordal
Así que isto era
a derrota, meu:
empresas privadas
mercaron a cidade,
os muros, o labor caído
na terra verde.

Asina logo, anda, mostra
o camiño ao brión
e á hedra que de vagar
disolven a túa casa e
coagulan a memoria
nunha foto de museo.
Non hai mañá,
dis, non hai quen labre
a pedra. Por fin
has poder
enterrar as marcas
da miseria
e do granito
en cal branco
e cubrilo con azulexos
imperiais: a filoloxía
da liberación. Asumirás
un protectorado cultural,
unha disidencia áurea
onde o idioma
aprenda a comportarse.

Os mortos e as nenas
nunca iremos contigo.


en "filoloxía sumerxida"


Xabier Cordal, 2001, A vella peneira a noite, A Coruña: Baía Edicións


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 11-07-2011 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal