Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

ecce home. Xabier Cordal
ecce homo

Comprobaba, coma quen le cos dedos
un alfabeto arcaico, o tacto rugoso da postela.
Exhibía ben a ferida, un trofeo máis no xionllo
baixo manchas de terra, as batallas en pantalón curto
que as nenas xamais poderían comprender.
Agora que a tarde calmara, por fin,
había que restablecer a condición heroica
e arrancaba a cuberta
para ensinar ao ceo a carne
viva, exposta a un sufrimento terrible.
Entón senteime, apertei
por un lado e polo outro
co índice e co polgar
ata que brotou
unha esferiña
vermella

(¿e el sería o mesmo final, se Cristo ou Narciso
fosen vampiros? ¿veríanse no espello das augas?).


en "a ollada fixa e outros relatos"


Xabier Cordal, 2001, A vella peneira a noite, A Coruña: Baía Edicións


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 11-07-2011 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal