Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

monte alto. Xabier Cordal
monte alto

Durmía baixo un faro,
baixo as horas, a noite intermitente.
A primeira cousa que me deu medo foi a indiferencia
da Torre, a exactitude da luz
ao vencer o ceo escuro, o seu cálculo
para sinalar as tebras.
(Ía poñer, a manía de sempre, que nacera en brazos dun cíclope:
como se o faro fose un cíclope, ou o cíclope un faro).
Frente á casa, de mañá, había leiras,
e o leite quentaba as maos, traía
aínda o calor da vaca
a través do metal.


Xabier Cordal, 2001, A vella peneira a noite, A Coruña: Baía Edicións


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 11-07-2011 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal