Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Cariátides II. Xabier Cordal
Cariátides

II

todos os invernos eran igual: había que escavar o corazón
o cativo saudaba á morte prendendo no seu interior
[unha lucerna
había que evitar a carroza dos vampiros
deixando a cociña sen varrer na madrugada

baixo a almofada danzaban as sombras, o dente
e o regalo dos tres reis
pero el estaba na mansión do espírito que vocifera

un home tranquilo que ulía a benzetacil 600
remangou o seu hábito cegador
abriu a palma


en vez de sangue, o neno viu dúas amígdalas


en "verbo dos arxinas"


Xabier Cordal, 1997, Afásia, A Coruña: Baía Edicións


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 11-07-2011 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal