Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Armenteira. Xabier Cordal
Armenteira

o Santo estaba completamente xordo nunha taberna
disfrazado de posibilista, a soñar sobre o corpo verde
a partida e a copa de mari brizar
pola tarde levaba os cativos ao planetario
"¿vedes as vintecatro columnas
do Centro de Estudios Literarios? Simbolizan
o reboredo onde a cotovía se apareceu"
(nese tempo a pedra nunca enfermaba
nen os homes malos inventaran aínda o significante)

tiña a voz rota, pero díxo-o de novo
"sei que hai máis de mil primaveras
e paréceme oílo...

...Ero, Ero, consigue o chope
e facémosche a pista para a Illa do Pomar"


entón o neno e a nena
regalaban os ollos


en "a sombra negra da hélice"


Xabier Cordal, 1997, Afásia, A Coruña: Baía Edicións


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 11-07-2011 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal