Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Cando penso que te fuches
Cando penso que te fuches,
negra sombra que m' asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.

Rosalía de Castro, 1993, Follas Novas, Vigo: Galaxia

Pódese escoitar musicado no blog Son de poetas nas versións de Astarot (2000), Taru e os Paxaros Coiro (2010), Amancio Prada, Luz Casal e Carlos Núñez e o Coro Cántigas da Terra.

A continuación temos un vídeo de Sonia Añón, alumna de galego de 1º de Bacharelato do Cañada Blanch de Londres, recitando este poema:




Comentarios (0) - Categoría: 031. Rosalía de Castro - Publicado o 03-07-2011 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal