Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Co aceite poñiamos segredos. Marta Dacosta
Co aceite poñiamos segredos,
palabras, conversas,
e a pota rebentaba fervendo de impaciencia.
Mais a vida seguía
despois do aceite o allo, a cebola, o pemento
(mellor se for vermello)
e sempre remexendo o garfo de madeira.
E así un día e outro foron facendo costra,
tixolas, cazos, potas,
non houbo nunca auga que arrastrara eses anos,
nin xabón que varrera tanto empeño diario.


Marta Dacosta, 1998, Setembro, Vigo: Galaxia


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 01-06-2011 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal