Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Sempre lembro o verán e unha poza pequena. Marta Dacosta
Sempre lembro o verán e unha poza pequena,
e as liñas azuis que se cruzaban
sobre o branco da camisa.
A poza enchíase a cada nova quenda e eu
remataba empapada
sen apañar xudías.
Sempre hai un sol enorme
desde a beira da poza
nese extremo do campo
en que meus pais labraban,
e altas escaleiras, tantos chanzos,
para subir á casa.


Marta Dacosta, 1998, Setembro, Vigo: Galaxia


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 01-06-2011 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal