Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

A revolución surrealista



Portada da revista La Révolution Surréaliste, fundada por André Bretón en 1924


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Europa - Publicado o 31-01-2013 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
O gabinete do doutor Caligari. Robert Wiene
Das Kabinet des Dr. Caligari (título orixinal en alemán) é unha película muda dirixida por Robert Wiene e estreada en 1920.

Ademais de ser un clásico do xénero de terror, é considerada a primeira película do expresionismo alemán.




Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Europa - Publicado o 25-04-2011 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Un can andaluz. Buñuel


Un chien andalou é o título orixinal deste filme realizado por Luís Buñuel en 1929.

A versión orixinal do filme non tiña banda sonora, pero a presente versión foi sonorizada en 1960 baixo as indicacións do propio Buñuel.



Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Europa - Publicado o 25-04-2011 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Ionisation. Edgar Varese


Ionisation foi composta por Edgar Varese en 1931 para trece percusionistas que tocan un total de trinta e sete instrumentos.

Trátase da primeira obra académica composta unicamente para instrumentos de percusión.


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Europa - Publicado o 24-04-2011 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Pacific 231. Arthur Honegger


O Movemento Sinfónico Nº1 Pacific 231 foi composto por Arthur Honegger en 1923 imitando o son dunha locomotora de vapor e é unha das súas obras máis interpretadas e unha das máis representativas da vangarda musical do século XX.


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Europa - Publicado o 24-04-2011 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
A consagración da primavera. Igor Stravinsky


Catro versións coreográficas do ballet "A consagración da primavera", o terceiro dos ballets compostos por Igor Stravinsky por encargo do empresario Sergei Diaghilev para a súa compañía Ballets Russos de París.

Na súa estrea en 1913 producíronse disturbios, pero o seu impacto foi tal que na actualidade é considerada unha das obras máis revolucionarias da música clásica, polas súas innovacións en harmonía, estrutura rítmica e timbre, así como unha das máis trascendentes pola súa pegada decisiva nos compositores posteriores.


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Europa - Publicado o 24-04-2011 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Arte e fotografía vangardistas
Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Europa - Publicado o 24-04-2011 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Cadáver exquisito

Cadáver exquisito de Tzara, Hugo, Knutsen e Breton.


O cadáver exquisito é o resultado dunha técnica usada polos surrealistas por medio da cal se ensamblan colectivamente palabras ou imaxes.

A técnica chámase "cadáver exquisito" porque cando os surrealistas a probaron por primeira vez obtiveron o seguinte verso: "O cadáver exquisito beberá o viño novo".

Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Europa - Publicado o 23-04-2011 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Receita dadaísta

Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Europa - Publicado o 23-04-2011 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Caligramas e colaxes desde as vangardas ata os nosos días
Román Landín e Sonia Ces García ilustraron as bases do Concurso de Poesía Visual Uxío Novoneyra 2010 do IES de Porto do Son con esta compilación de caligramas e colaxes, na que, ademais dos caligramas máis coñecidos, tamén podemos ver algúns exemplos máis orixinais e outros creados en centros de ensino:
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
View more presentations from Román Landín.


Vía: A Profa


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Europa - Publicado o 01-05-2010 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal