Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Sobredo-Guillarei (1922)
Conmemoración do cabodano dos mártires de Sobredo (26/11/2006)
Homenaxe aos mártires de Sobredo (26/11/2006)


As Sociedades Agrarias

Para eliminar os Foros xurdiron as Sociedades Agrarias; en 1912 xa había 117 sociedades na provincia de Pontevedra. Nas Asembleas e Congresos agrarios coma os de Monforte, Ribadavia, Redondela, Tui... establecíanse as liñas de actuación deste movemento (mitins, propaganda, boicot aos pagos, mobilizacións...).

-En xullo de 1922, no Congreso de Tui, decidiuse non pagar os Foros.

-O 6 de novembro foi detida a Directiva da Sociedade de Ribadelouro. En solidariedade coas persoas detidas declárase Folga Xeral no sur de Galiza.

-O 27 de novembro incautáronse os libros e chaves das sociedades de Areas, Randufe, Malvas, Pazos de Reis, Rebordáns, Paramos, Baldráns e Caldelas.


Sobredo

-O 27 de novembro de 1922 preséntanse en Sobredo (Guillarei), xuíz e garda civil para embargar os bens dun veciño que non pagaba o Foro. A toque de campás, xuntáronse unhas dúas mil persoas da bisbarra. Ao disolver a forza pública a manifestación a tiros, houbo varias persoas feridas e resultaron mortas: Cándida Rodríguez, de Pazos; Joaquín Estevez Besada, de Soutelo; e Venancio González Romero, de Budiño.

Os feitos tiveron moita sona na prensa, parlamento, literatura, conferencias... O goberno decatouse entón da nesidade de darlle unha solución ao conflito agrario, o que levou á redención dos Foros. Foi entón, grazas á actitude loitadora e comprometida destas mulleres e homes do agro, que se conseguiu abolir un dos residuos da sociedade estamental e que condenaba en vida o campesiñado deste pais.

O Monumento aos Mártires foi feito por iniciativa popular e esculpido por Camilo Nogueira nos tempos da II República, e os fascistas dinamitárono durante a guerra, e nos anos 80 outra vez por suscripción popular recuperouse parte do monumento que veciños e veciñas agocharan nos muros ou enterraran nas leiras, e encargouse o resto a un escultor.


Fonte: CIG-Comunicación (25/11/2006)


Comentarios (0) - Categoría: 041. Inicios do XX. Agrarismo - Publicado o 02-12-2009 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Axitación en Oseira (1909)
Mosteiro de Oseira

Nos últimos días de abril de 1909 acontecen os graves enfrontamentos en Oseira, que deixan un balanzo de 9 labregos mortos e 27 feridos por disparos da Garda Civil, entre eles numerosas mulleres, nenos e anciáns. Estes sucesos comprometían ao bispo de Ourense, Illundain, que foi quen solicitou a presenza da forza pública. O 9 de maio faise unha mobilización en Ourense, en solidariedade cos veciños de Oseira, e son apedrados o pazo episcopal, o circulo obreiro católico, a residencia dos maristas, así como o periódico “Eco de Orense” que dá arroupe á postura do bispo. Pra controlar está protesta do pobo foron trasladados á cidade todos os gardas civís de infantería da provincia, así como efectivos da montada de Vigo e A Coruña. Dez días despois dos acontecementos aínda había un forte retén da garda civil tanto no Goberno Civil como no edificio do Concello.

O conflito encetou por unhas reformas no Mosteiro de Oseira decidida polo Bispo. Os veciños protexían a preservación do patrimonio parroquial, e a defensa de dereitos comunais. Os xornais católicos converten a protesta espontánea nun acto relacionado con escuros intereses políticos, porén recoñecen os motivos da xenreira dos labregos contra o bispo e o gobernador civil.


Máis información en Axitación en Oseira Xornal de Galicia (11/08/2009)


Comentarios (0) - Categoría: 041. Inicios do XX. Agrarismo - Publicado o 02-12-2009 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
A redención dos foros


A propiedade da terra: desamortización e redención foral

En Valdoneira. A web do val do río Neira, temos este interesante artigo no que o seu autor sintetiza os estudos do historiador Ramón Villares sobre o tema (Ramón Villares, Desamortización e réxime de propiedade, Vigo, A Nosa Terra, 1994) e selecciona exemplos concretos da zona do Neira.






Comentarios (0) - Categoría: 041. Inicios do XX. Agrarismo - Publicado o 02-12-2009 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal