Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Pranto polo Ché


ELEXÍA ISTANTANIA A ERNESTO GUEVARA

As aves da túa morte foron os muricegos que non vira
en todo o ano.
Por iles soupen que é certo.
É certo! é certo! é certo! é certo! é certo!

Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto
como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros pa-
xariños mortos
de tódalas anduriñas que cairon ó irse.

Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada.
A mesma door xa afroxa a gorxa ó decorrer polo pranto
baixiño.
E nin inda agora nin pra ti teño outra voz.

10 noite
10/10/67


Uxío Novoneyra


Fonte: Fundación Uxío Novoneyra


Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 27-04-2011 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
15 poemas de Uxío Novoneyra


Selección e maquetación: ENDL do CEIP Quintela (Moaña)
Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 18-05-2010 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Non, a forza do noso amor non pode ser inútil


"Galicia" (1957)
Poema caligráfico de Uxío Novoneyra


Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 17-05-2010 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Uxío Novoneyra. Vida e obra
Os traballos e os días de Uxío Novoneyra
Vídeo didáctico sobre a figura de Uxío Novoneyra.
CPI dos Dices (Rois) e CPI da Baña.






Unha aproximación a Uxío Novoneyra

Mural que combina presentacións, imaxes, vídeos, audios, animacións e/ou documentos sobre o poeta do Courel confeccionado polo profesor Xano Cebreiro.

WebQuestUxío
Webquest sobre Uxío Novoneyra para Secundaria realizada pola profesora Loli Cid e Dpto. de Lingua Galega do IES David Buján de Cambre

De Sigrás a Novoneyra

Wiki sobre Uxío Novoneyra realizada polo Dpto. de Lingua Galega do IES David Buján de Cambre

Web de Uxío Novoneyra

Biografía, obra, fotografías, vídeos do poeta recitando, vídeos de outros poetas recitando a súa obra, poemas musicados, etc.

Uxío Novoneyra no Centro de Documentación da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).

Especial Día das Letras 2010 en Vieiros

MATERIAL DIDÁCTICO SOBRE UXÍO NOVONEYRA
Amplísima recompilación de recursos web e actividades en liña sobre Uxío Novoneyra na páxina da CGENDL


Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 10-05-2010 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Uxío Novoneyra: Poeta/Alén
Avance da película documental Uxío Novoneyra: Poeta/Alén:



Autoría:
Iván L. Gimeno
GSEIS Productora Audiovisual
Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 10-05-2010 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
A paisaxe e a flora do Courel nos versos de Novoneyra
Presentación que se achega á xeografía courelá (relevo, clima, economía, hidrografía, os solos, etc.) dende a poesía de Uxío Novoneyra, realizada pola Biblioteca do IES Seoane de Monteporreiro (Pontevedra):

LETRAS GALEGAS 2010

See more presentations by Biblioiris 


Dende a Biblioteca do IES de Arzúa chega unha homenaxe á poesía de Novoneyra, o Poeta do Courel, a través da flora e a paisaxe courelás, realizada co alumnado do Ciclo de Agraria.




Fonte: MATERIAIS DIDÁCTICOS LETRAS GALEGAS 2010 da CGENDL


Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 10-05-2010 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Poemas de Uxío Novoneyra
uxío novoneyra 2mil10
Fermosísimo traballo do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Elviña (A Coruña) con poemas de Uxío Novoneyra e fotografías de Pablo Menéndez.


Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 09-05-2010 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Versos de Uxío Novoneyra

Fermoso traballo de Marga, coordinadora do ENL do CPI O Progreso de Catoira, no que se presentan poemas de Uxío Novoneyra.


Fonte: O Segrel do Penedo
Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 09-05-2010 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Cousos do lobo!

Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d’ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca de vagoada máis sola e máis medosa…

Rastrexa
parase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula
ca noite na boca…


Uxío Novoneyra


Cousos do lobo! recitado por Afonso Becerra na web De Sigrás a Novoneyra.
Afonso Becerra de Becerreá actualmente é o xefe do Departamento de Dramaturxia da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.





Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 09-05-2010 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Cain as follas
Cain as follas.
Sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca...

Uxío Novoneyra



Versión de Emilio Cao




Comentarios (0) - Categoría: 060. Xeración dos 50. Novoneyra - Publicado o 09-05-2010 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal