Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Cando eu era rapaz



I

CANDO EU ERA RAPAZ chegou Ramón Carballo; viña con chaqueta de tarazona forrada de baeta vemella e unha gorra con visera de carei, como veñen os que van a navegar. Tamén traía o peito tatuado, que ben lle mirei eu un paxaro cunha carta no peteiro e o seu nome debaixo.

Lémbrome que Ramón Carballo foi a Bos Aires e volveu sen cartos. Logo foi á Habana e non trouxo diñeiro. Despois foi a New York e volveu tan probe corno fora. Ramón Carballo aínda foi a non se sabe ónde e non volveu máis.

II

Eiquí compría escribir unha novela; pero eu son horne de ben e non debo conta-lo que non sei. Pero novela haina.

III

M. Lavalet gana o seu pan vendendo restos humáns. M. Lavalet é un home arrepiante: ollos roxos de vidro, cabelos mortos de peluca vella, regos secos de suor luxado na testa, friaxe de éter nas mans e nos beizos a sustancia de moitos venenos.

Iste home vive no terceiro piso dunha rúa estreita de París.

Un día chamei cos cotelos á porta i entrei… Unha sala chea de ósos humáns, algúns aínda frescos, compoñía o “comercio ” para médicos. Na sala de “curiosités”, para cosmopolitas, había moitas cousas: un feto momificado ollándose o embigo, unha caveira de gorila coa súa cresta de casco guerreiro, a pelexa da cabeza dun chino para sere colocada nunha armadura de escaiola.

Cando M. Lavalet soupo que eu era pintor amostroume unha gran coleición de coiros humáns tatuados e curtidos para facer petacas, carteiras…

Un dos coíros era do peito dun home, representando un paxaro cunha carta no peteiro e debaixo do deseño campaba iste nome: Ramón Carballo.


Castelao, Cousas, 1926


Comentarios (0) - Categoría: 047. Castelao - Publicado o 15-12-2012 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Ten Galiza un idioma propio?
Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo d-unha cultura moderna e co que ainda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas.

O galego foi instrumento maravilloso da grande e única poesía lírica de Hispania e n-el escrebían os enxeños peninsuares -tanto de dentro como de fora de Galiza-, cando a língoa de Castela non tiña categoría literaria. O galego é un idioma estenso e útil, porque -con pequenas variantes-fálase no Brasil, en Portugal e nas colonias portuguesas. O galego rexurdeu no século pasado con poetas tan esgrevios como Rosalía, Curros e Pondal. O noso idioma ten tal fremosura que un poeta andaluz como García Lorca -o poeta mártir- non foi quén de resistir o seu engado e compuxo poemas en galego. O galego -somentes refugado pol-os señoritos ou por traballadores que quixeran ser señoritos- é hoxe o idioma que prefiren os inteleituaes como vehículo da nosa cultura; pero ainda que carecerá de tantos méritos contraídos, abondaríalle ser a fala do povo traballador para estar dignificado de por sí, pois o galego é unha executoria viva do traballo e unha cédula honrosa de cibdadanía e democracia. Non esquezamos que si ainda somos galegos é por obra e gracia do idioma.

A esta fala popular, viva e gloriosa, os imperialistas chámanlle dialecto. Mais eu perguntaríalles: "¿Dialecto de que idioma?". "¿Do que vós chamades español?". De ningunha maneira, porque o idioma que vós impuxéchedes pol-a forza é un irmán menor do galego. "¿Acaso queredes decir que é dialecto do latín?". Pois entón chamádelle dialecto ao francés, ao italiano, ao rumano, porque tamén son fillos do latín e irmáns do galego.

E diríalles máis: Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espirito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles creer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o povo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunaes de xusticia e chegáchedes a castelanizar bárbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vós valeu? Porque dispois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados.

Algúns galegos de boa fé coidan que o cultivo do noso idioma é unha impedimenta de traballo na emigración. Mais eu quero invítalos a meditar: ¿Pensades que a nosa Terra pode seguir sendo un criadeiro de carne human, para enviar as Américas en paquetes teutóns? Porque o noso deber está en asegurar o dereito ao traballo remunerado, para que ningún irmán noso emigre por necesidade. ¿Pensades que os galegos poden seguir andando pol-o mundo a ofereceren indignamente a mercancía dos seus lombos e dos seus brazos? Porque o noso deber está en armar ao povo d-unha instrución primaria, profesional e téinica, que lle permita ser digno en todas partes, i en todas partes atopar as ventaxas que se lle oferecen a un inglés, a un alemán... ¿Ou é que na emigración resulta superior un castelán a un galego por falar unha língoa máis estensa? A superioridade non está no idioma que se fala; está no que se sabe, no que se di e no que se fai.

Algúns homes -galegos tamén andan a falaren d-un idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfeición babeando pol-a escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produz a sabiduría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, co-a súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animaes. Velahí vai a demostración: Un can de Turquía oubea igoal que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo de Bretaña. ¿E sabedes por qué? Porque os probes animaes ainda están no idioma universal...

Un idioma non nasce pol-a vontade xenial d-un grupo de homes; nasce pol-a predisposición psicolóxica d-un povo, que, en condicións estóricas favorables, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de eispresión. Porque un idioma é o corpo sensible d-unha cultura, e todo atentado á língoa peculiar d-un povo representa un atentado á súa cultura peculiar. Máis os povos teñen unha forza máxica, invulnerable, e por eso as nacións asoballadas poden verse privadas do seu poder creador, ou poden convertirse en parásitos da cultura dominante; pero endexamáis se deixan asimilar. O problema do idioma en Galiza é, pois, un problema de diñidade e de liberdade; pero máis que nada é un problema de cultura. Estamos fartos desa cultura esterilizada que nos fan mamar por biberón. Nos queremos mamar a cultura na propria teta. Pedimos garantías legaes para o desenrolo natural do noso esprito, porque queremos volver a presentarnos diñamente no mundo, levando nas mans o ouro da nosa cultura sabiduría manifestada) para ofrendarllo ao acervo espritual da Humanidade.

As numerosas caras do problema dan materia para un libro; pero co dito xa queda patente a coincidencia do galeguismo coas doutrinas máis prestixiosas e predominantes n-este punto concreto das nosas reivindicacións. Quero afirmar, tamén, que a ideoloxía liberal -defensora da diñidade dos homes e da autonomía moral dos povos- non pode refugar os nosos anceios de liberdade, afincados en principio de xusticia e de progreso.

A solución do problema -tanto político como pedagóxico-darémola no seu dia. Por agora abonda co dito.

CASTELAO, Sempre en Galiza, 1944

Comentarios (0) - Categoría: 047. Castelao - Publicado o 13-03-2011 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Denantes mortos que escravos

Denantes mortos que escravos, a frase que Castelao incorporou ó escudo galego foi a que, moitos anos antes, utilizaran os membros do Terzo dos Galegos de Bos Aires cando se enfrontaron ás tropas inglesas en 1806.

Fonte:
Galicia Confidencial (16/11/2006)


Comentarios (0) - Categoría: 047. Castelao - Publicado o 13-03-2011 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
A censura española ante a morte de Castelao
Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Rodríguez Castelao se advierte lo siguiente:

La noticia de su muerte se dará en páginas interiores y a una columna.

Caso de insertar fotografía, esta no deberá ser de ningún acto políltico.

Se elogiarán únicamente del fallecido sus características de humorista, literato y caricaturista.

Se podrá destacar su personalidad política, siempre y cuando se mencione que aquella fue errada y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados.

De su actividad literaria y artística no se hará mención alguna del libro "Sempre en Galiza" ni de los álbumes de dibujos de la guerra civil.

Cualquier omisión de estas instrucciones dará lugar al correspondiente expediente.



Consigna enviada aos xornais pola Dirección General de Prensa, o 8 de xaneiro de 1950, trala morte de Castelao.


Fonte: Museo Castelao

Comentarios (0) - Categoría: 047. Castelao - Publicado o 21-02-2011 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Tres contacontos versionan a Castelao

CASTELAO. Tres contacontos versionan as súas historias.

Preme no nome dos narradores e escoita e compara os relatos orixinais de Castelao coa versión dos contacontos:

Cándido Pazó

Avelino González

Santi Prego


Fonte: Culturagalega.org

Comentarios (0) - Categoría: 047. Castelao - Publicado o 30-01-2011 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas da vida
COUSAS DA VIDA
Presentación feita pola Biblioteca do IES de Poio con viñetas de Cousas da Vida de Castelao.


Comentarios (0) - Categoría: 047. Castelao - Publicado o 30-01-2011 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas da vida. Animais

-¿ Por qué non lle das de comer ó can?
-Para o que traballa...
-Pois entón ¿por que non o matas?
-Para o que come...


Castelao, Cousas da Vida. Animais (1925).

Máis viñetas de Cousas da Vida
Comentarios (0) - Categoría: 047. Castelao - Publicado o 30-01-2011 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Castelao

FRASES DE CASTELAO

* “ Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade.”

* “ Y ahora voy a haceros mi confesión de emigrado gallego. Me sentí refugiado en EE.UU.; pero aquí soy un emigrante, porque estoy siempre rodeado de gallegos y de este modo me siento en contacto con mi tierra. Y aunque muriese aquí mis huesos irían al camino de esqueletos que une a Galicia con la Argentina. Pero soy feliz porque tengo la esperanza de morir en mi tierra. Yo he de ir allá, cuando sobre mi patria alumbre el sol de la libertad y en los valles de mi país resuene el aturuxo de la victoria.”

* “ Hespaña, cuio nome tivemos que humedecer cunha letra de máis para facelo respeitable aos nosos ollos, pois do seu goberno sóio se nos ocurre decir que é máis odioso por hipócrita que por tiránico. Sacámolle á verba España todo canto ten de prosapia castelán (abonda engadirlle unha H para derivala de Hispania) e con ela abranguemos a Península enteira, facéndoa sinónima de Iberia.”

* “ Nación é unha comunidade estable, historicamente formada de idioma, de territorio, de vida económica e de hábitos psicolóxicos reflexados nunha comunidade de cultura. Somentes a eisistencia de tódolos signos distintivos, en conxunto, pode formar a nación.”

* “ Para nós, os galegos, afeitos a percorrermos o mundo e a convivir con tódalas razas, o nacionalismo racista é un delito e tamén un pecado.”

* “ Os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretóns; os casteláns aos galegos. E todos eses aldraxes non son máis que un recoñecemento tácito do "carácter nacional".”

* “ Se eu agora tivera nas mans a posibilidade de independizar a Galiza non dubidaría en aceptar esa posibilidade para salvar a miña Terra do terrorismo falanxista e para decirlles a tódolos hespañoes desterrados: "Vinde a este anaco de terra hispana para vivirdes en liberdade".”

* “ E xa é hora de decir que Galiza será forte en Hespaña cando se negue a falar en castelán e fale fortemente a súa língoa.”
Comentarios (0) - Categoría: 047. Castelao - Publicado o 01-05-2010 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Álbum Galiza Mártir

Imaxe procedente do álbum Galiza Mártir.

UHP






Comentarios (0) - Categoría: 047. Castelao - Publicado o 01-05-2010 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Álbum Nós
Álbum Nós
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao publicou o álbum Nós no ano 1931 en Madrid, na imprenta Hauser y Menet. Os gastos foron sufragados por un grupo de amigos do propio Castelao.

Nós é unha colección de 49 estampas e un autorretrato que primeiro circulou como exposición e máis tarde foi editada nun álbum.

A Exposición 'Nós', que foi exhibida por primeira vez ao público do 2 ao 22 de marzo de 1920 no salón de 'Círculo de Artesanos' da Coruña por iniciativa da Irmandade da Fala local, supuxo un chanzo trascendental na traxectoria artística e pública de Castelao.



Podemos ver completo o álbum Nós e moita outra información de interese na web Museo Castelao.




Comentarios (0) - Categoría: 047. Castelao - Publicado o 08-04-2010 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal