Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Ti, Galiza
Canción de Miro Casabella

Comentarios (0) - Categoría: 053. Voces Ceibes - Publicado o 08-04-2010 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Olla meu irmán por Miro Casabella
Aquí podemos escoitar o cantautor galego Miro Casabella, interpretando en directo "Olla meu irmán", canción na que lle pon música a un poema de Celso Emilio Ferreiro:


Olla meu irmao honrado
o que contece con Daniel,
os que o tiñan desterrado
agora falan ben del.

O palurdo de alma lerda
o tendeiro desertor,
o vinculeiro da merda
disfrazado de señor.

O lurdo carca refrito
o monifate de antroido,
o aprendiz de señorito
Marqués de Quero e non poido.

O badoco endomingado
o xoglar moi pousafol,
o forricas desleigado
o pequeno burgués mol.

O devoto do onanismo
o feligrés de pesebre,
o tolleito de cinismo
o que da gato por lebre.

O rateiro de peirao
o refurgallo incivil,
valense de ti irmao
para esconder a casta vil.

Escoita puto nefando
criado na sevidume,
non pasará o contrabando
dise teu noxento estrume.

Grotesco escriva sandeu
inxertado nun raposo,
Daniel nunca foi teu
porque Daniel é noso.

E anque a ti che importe un pito
saberás, que é cousa sabida,
que estás incurso en delito
de apropiación indebida.

(Celso Emilio Ferreiro)


Comentarios (0) - Categoría: 053. Voces Ceibes - Publicado o 08-04-2010 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
O meu país
Miro Casabella, unha das máis emblemáticas "Voces Ceibes" que axitou a conciencia galeguista durante os estertores do franquismo, gravou en 1977 esta fermosa balada para o seu primeiro elepé, Ti, Galiza.


O meu país/ é verde e neboento
É saudoso e antergo,/ é unha terra e un chan.
O meu país/ labrego e mariñeiro
É un recuncho sin tempo/ que durme nugallán.

Q quece na lareira,/ alo nas carballeiras
Bota a rir.
É unha folla no vento/ alento e desalento,
O meu país.

O meu país/ tecendo a súa historia,
Muiñeira e corredoira / agocha a súa verdá
O meu país/ saúda ao mar aberto
Escoita o barlovento/ e ponse a camiñar

Cara a metas sin nome/ van ringleiras de homes
E sin fin.
Tristes eidos de algures,/ vieiros para ningures,
O meu país.

O meu país/ nas noites de invernía
Dibuxa a súa agonía/ nun vello e nun rapaz.
O meu país/ de lenda e maruxías
Agarda novos días/ marchando de vagar.

Polas corgas i herdanzas
Nasce e morre unha espranza/ no porvir.
E unha folla no vento/ alento e desalento
O meu país.

Letra: Xoan Manoel Casado
Música: Miro Casbella


Temos aquí outra versión da mesma canción a cargo de Luar na Lubre, nas voces da cantante portuguesa Sara Louraso Vidal, que lle achega ao tema a melancolía do fado, e da galega Rosa Cedrón.



Comentarios (0) - Categoría: 053. Voces Ceibes - Publicado o 11-06-2009 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Voces Ceibes, 40 anos despois
As voces que lle puxeron a "banda sonora" á loita antifranquista en Galiza volveu soar na Facultade de Medicina compostelá, como no seu primeiro concerto, catro décadas antes.

Comentarios (0) - Categoría: 053. Voces Ceibes - Publicado o 11-06-2009 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
O legado da canción protesta
Miro Casabella e Raimon contan para ANT TV as dificultades polas que pasaron durante o franquismo, pero tamén despois, pois a censura que viviron aqueles anos enlazou perfectamente co vacío ao que foron sometidos os músicos daquela xeración en particular e o silencio ao que se ven sometidos os cantantes das tres linguas cooficiais nos medios de comunicación, que non dan a coñecer o seu traballo.



Comentarios (0) - Categoría: 053. Voces Ceibes - Publicado o 11-06-2009 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Os compañeiros
Letra e música: Benedicto.


Vídeo de Gustavo Sierra Fernández
realizado a partir de fotos de arquivo e co tema
"Os compañeiros" de Benedicto como fondo musical
.

Alí estaban os compañeiros
ó redor dunha fogueira
que furaba as mouras tebras
cunha roxa lumieira.

Eran moitos os compañeiros
que cantaban con alegría
a cancion sempre esperada,
a canción xa presentida.

Tiñan mans os compañeiros
duras, fortes i encallecidas
de traballar sen sosego
nunha terra chea de vída.

O seu ollar coma unha gota
de auga pura e cristalina
que na noite de xiada
durme nas follas tranquilas.

No seu peito un cargamento
de mil flores encendidas
non levaban de armamento
máis que palabras amigas.

Non falaban do andado
sementado de feridas
preparaban o camiño
cara a terra prometida.


Comentarios (0) - Categoría: 053. Voces Ceibes - Publicado o 11-06-2009 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Voces ceibes

Voces Ceibes é un colectivo de cantantes que entre 1968 e 1974, nos anos finais da ditadura franquista, cantaron en galego incorporando a protesta ás cancións, na liña da canción protesta que se facía por toda Europa e que tiña o exemplo máis visible na Nova Cançó catalana, musicando poemas de autores como Celso Emilio Ferreiro ou Ramón Cabanillas, pero tamén propios.

Voces Ceibes naceu oficialmente nun recital na facultade de Medicina de Santiago o 26 de abril de 1968. Benedicto, Xerardo Moscoso, Xavier González, Vicente Araguas e Guillermo Rojo foron os Voces Ceibes iniciais, máis adiante uníuselles Miro Casabella e, finalmente Bibiano Morón.

Voces Ceibes supuxo o nacemento da canción en galego.

Artigo de Bibiano: O NACEMENTO DA CANCIÓN GALEGA: “DE VOCES CEIBES Ó MPCG”


VÍDEOS DOCUMENTAIS QUE FALAN DO COLECTIVO VOCES CEIBES:

Ben falado! Capítulo 96 (Emitido o 1/12/2008)

Fragmento da Serie Documental "Galicia na Transición".


DISCOS NOS QUE CANTAN OS CANTAUTORES DA NOVA CANCIÓN GALEGA:

Galicia Canta (Caracas, 1970).

"Noticias da Nova Canción Galega" (1967 / 1974).


Comentarios (0) - Categoría: 053. Voces Ceibes - Publicado o 11-06-2009 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal