Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

A pota que trota


Curtametraxe de animación dirixida por Juan José Medina, baseada no libro do mesmo título de Patacrúa e Kristina Andres publicado por OQO editora.
Comentarios (0) - Categoría: 081. Curtametraxes - Publicado o 11-10-2016 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Os sete cabritiños


Curta de animación dirixida por Ismael Mon, que adapta a obra homónima de Tareixa Alonso e Teresa Lima publicada por OQO editora.
Comentarios (0) - Categoría: 081. Curtametraxes - Publicado o 11-10-2016 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Tourettes

Tourettes é unha curtametraxe de Martín Fiallega. Interpretada nos papeis protagonistas por Isabel Risco e Marcos Correa, conta cunha peculiaridade interesante, o traballo de Produción foi realizado polo alumnado de Canle Catro, o ciclo de produción de Ourense, que traballou man con man con profesionais facendo un extraordinario traballo.





Comentarios (0) - Categoría: 081. Curtametraxes - Publicado o 21-06-2011 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta de Galicia pechounos o acceso a Flocos TV e ao audiovisual galego

Agora se entramos en Flocos TV podemos ler "Esta web xa non está operativa" e iso é o que veredes en todos os enlaces que desde este blog se fixeron ás curtas baseadas en obras da nosa literatura que estaban aloxadas nesa web.


Aínda que xa está anotado nas Gabarras, repetímolo aquí: A que viña sendo a mellor xanela do audiovisual galego acaba de ser pechada.

A partir de agora non só non incorporará novas películas ao seu escaparate (había 300 pezas en cola agardando para ser subidas), senón que xa non poderá ensinar ningún dos fondos que podiamos visitar ata hai uns días, máis de 350 obras dispoñibles entre curtas, tráileres, making of, documentais, videocreacións e longametraxes.

E por se alguén pensa que os motivos do peche son económicos, que saiba que o custe de mantemento da web na rede era de 300 euros mensuais.

Claro que a mala noticia non é unha sorpresa para ninguén. Dende o comezo desta última lexislatura da Xunta este non é o primeiro proxecto comprometido co audiovisual galego que se bota por terra, así que a derruba de Flocos TV xa estaba tardando. De nada lle valeu a boa acollida do público nin o recoñecemento dos profesionais.

Quedará na nosa memoria a idea xenial e a brillante execución dunha web que abrigaba curtas e longrametraxes de todos os estilos feitas na nosa lingua, unha auténtica videoteca en liña gratuíta, á que se enlazaban centos de blogues, tamén este.

Como homenaxe a Flocos TV e co agradecemento aos que a puxeron en pé, incorporamos imaxes da entrega do Mestre Mateo 2008 á mellor obra interactiva, que foi recollido polos seus creadores, os integrantes da Navalla Suíza e a desaparecida Axencia Audiovisual Galega:




Máis información aquí.


E se queres seguir a proposta de acción do blog da Profa, entra aquí e pregunta onde vai o noso cine e esixe o retorno do cine galego á túa pantalla, esixe a volta de Flocos.tv á rede!


Comentarios (0) - Categoría: 081. Curtametraxes - Publicado o 13-03-2011 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Ignotus
Animación en plastilina baseada nun relato escrito por Manuel Murguía e publicado en "Los Precursores" (1853).


Dirección e animación: Virginia Curiá e Tomás Conde
Duración: 15:00
Ano: 2000


Fonte: Flocos.TV


Comentarios (0) - Categoría: 081. Curtametraxes - Publicado o 11-05-2009 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
A escola das areas
Curtametraxe de animación en plastilina, baseada nun texto de Frei Martín Sarmiento.



Dirección e animación: Virginia Curiá e Tomás Conde
Duración: 11:30
Ano: 2002


Fonte: Flocos.TV
Comentarios (0) - Categoría: 081. Curtametraxes - Publicado o 11-05-2009 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
A flor máis grande do mundo
Curtametraxe de animación de Juan Pablo Etcheverry baseada no único relato para nenos que escribiu o escritor portugués José Saramago.

Un escritor que non se sente capaz de escribir unha historia para nenos, comeza a relatar como sería esa historia que quere contar.



Director: Juan Pablo Etcheverry
Duración: 9:48
Ano: 2006


Fonte: Flocos.TV
Comentarios (0) - Categoría: 081. Curtametraxes - Publicado o 10-05-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Xinetes na tormenta
Curtametraxe de Ricardo Llovo baseada nun relato homónimo de Manuel Rivas, publicado en 1999 nunha colección de relatos do autor que leva por título Ela, maldita alma.


Esta é a historia da primeira marea no Gran Sol de Suso. O rapaz embárcase coa intención de aforrar para unha auténtica guitarra Fender, e será testemuña do drama de Andino, un mariñeiro que leva con el a foto do seu amor, unha muller pola que está disposto a cambiar e abandonar o alcohol.

Director: Ricardo Llovo
Intérpretes: César Cambeiro, Luís Iglesia Besteiro, Laura Ponte, Xosé Manuel Olveira "Pico", Antón Cancelas
Duración: 14:45
Ano: 2001

Fonte: Flocos.TV


Comentarios (0) - Categoría: 081. Curtametraxes - Publicado o 10-05-2009 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Río de sombras
Curtametraxe de Daniel Domínguez baseada no relato de X. L. Méndez Ferrín "O Suso", incluído en O crepúsculo e as formigas, publicado en 1961.


Recoñecedes algún famoso entre o elenco de actores e actrices que interveñen nesta curta?

Director: Daniel Domínguez
Intérpretes: Alberto Comesaña, Teté Delgado, Uxía Senlle, Raúl Francés, Julio Rodríguez, Roberto Fernández, Xosé Luís González
Duración: 20:31
Ano: 1986

Fonte: Flocos.TV


Comentarios (0) - Categoría: 081. Curtametraxes - Publicado o 10-05-2009 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
A xaguarana
Curtametraxe de animación en plastinina baseada nun relato de Avilés de Taramancos.

Unha tribo india cre as premonicións dun frade que trata de convertilos ao cristianianismo e de convencelos da existencia do demo. Cando o demo efectivamente comece a rondar polo poboado, os indíxenas pídenlle ao frade que os libere del.



Dirección e animación: Virginia Curiá e Tomás Conde
Duración: 10:34
Ano: 2003


Fonte: CanleTV
Comentarios (0) - Categoría: 081. Curtametraxes - Publicado o 10-05-2009 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal