Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Xerais edita os primeiros e-books galegos: Sete Palabras e Dime algo sucio
Os primeiros e-books galegos

Ultimamente fálase moito do e-book ou libro electrónico. Mentres as empresas tecnolóxicas apuran para mellorar a tecnoloxía e reducir o prezo dos lectores dixitais (e-readers), as editoriais de todo o mundo prepáranse para non quedar atrás na revolución do libro dixital. Xerais lanzou en novembro de 2009 as máis recentes novelas de Diego Ameixeiras e Suso de Toro, que foron publicadas e postas á venda a un tempo en papel e formato eletrónico para e-readers.

As obras son Sete palabras, unha novela de Suso de Toro presentada como unha viaxe cara ás orixes para desvelar as claves da identidade persoal do protagonista, e Dime algo sucio, un novo relato de intriga de Diego Ameixeiras.

Mercar as obras en formato electrónica supón un aforro do 30%. Grazas a un acordo con Publidisa, as obras en formato dixital tamén estarán presentes nas tendas de e-books de El Corte Inglés, La Casa del Libro e a Librería Ghandi, entre outras.

Dende Xerais tamén apuntan que nos vindeiros meses irán ampliando o seu catálogo de e-books, con títulos das coleccións Narrativa, Poesía e Ensaio, incorporando tanto novidades coma material descatalogado.


Fontes: Vieiros (15/10/2009)

Código cero (10/11/2009)


Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 01-05-2010 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
O Ministro Rubalcaba recomenda A praia dos afogados
Ultimamente todo o mundo fala da novela de Domingo Villar A praia dos afogados, mesmo Alfredo Pérez Rubalcaba, o actual Ministro do Interior acaba de recomendala nunha entrevista en Cuatro:



Fonte: Trafegando Ronseis (06/04/2010)



Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 08-04-2010 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Conexión Tubinga


Conexión Tubinga é a primeira novela de Alberto Canal publicada por Xerais en 2008.


Blog da novela: Conexión Tubinga
Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 08-04-2010 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
O club da calceta
O club da calceta é unha novela de María Reimóndez e foi publicada por Xerais en 2006.

Recibiu o XIII premio Arcebispo Juan de San Clemente, certame organizado polo IES Rosalía de Castro de Santiago e que é outorgado por alumnado de secundaria de diversos institutos de Galicia, que escolle as que considera as mellores novelas da literatura galega, da española e da estranxeira.

O Club da Calceta foi ademais adaptada pola autora para o teatro e levouna aos escenarios ao longo do 2008 a compañía Teatro do Morcego, dirixida por Celso Parada e interpretada polas actrices Estíbaliz Espinosa, Susana Dans, Laura Ponte, Maxo Barjas, Elina Luaces, Luisa Merelas e Inma Antonio.

Por outra banda, tamén en 2008 tivo lugar a rodaxe dunha longametraxe para televisión co mesmo título, coproducida por Galicia e Cataluña e rodada en galego en Ferrol, con guión e dirección de Antón Dobao.

Eis o trailer da película O Club da Calceta, que se estreou en 2009, interpretada por María Vázquez, Sonia Castelo, Katia Klein, Mela Casal, Susana Dans e Camila Bossa:



E seguindo coa colleita de éxitos da novela, a adaptación para a pantalla gañou a undécima edición do Festival Internacional de Cinema de Famalicao (Portugal), que destaca co seu galardón as adaptacións cinematográficas de obras literarias.

Podemos recoller máis fíos de interese sobre O Club da Calceta no blog que María Reimóndez lle adicou: O Club da Calceta


Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 08-04-2010 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Rivas. O lapis do carpinteiro
Manuel Rivas publicou O lapis do carpinteiro en 1998.

Ficha da novela en Xerais

Antón Reixa levou ao cine esta novela. Eis dous fragmentos da película:






Ficha artística da película.


Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 08-04-2010 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Home sen nome
Anuncio para a TV da novela de Suso de Toro, Home sen nome, publicada por Xerais en 2006:



Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 20-04-2009 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Os libros arden mal
Anuncio para a TV da novela de Manuel Rivas Os libros arden mal, publicada por Xerais en 2006.



Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 20-04-2009 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
O home inédito
O home inédito é a primeira novela de Carlos G. Meixide.

Esta novela foi a primeira en galego editada baixo a licenza Creative Commons e pode descargarse en formato PDF de balde en Edicións da Rotonda (http://arotonda.com).

Un acordo de colaboración entre A Rotonda e Rinoceronte Editora fixo posible a tan solicitada edición en papel d' O Home Inédito.


Publirreportaxe d'O home inédito


Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 20-04-2009 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Morning Star e Tomás das Congostras
Esta novela de bandoleiros galegos escrita por Xosé Miranda, chamada Morning Star, como xa dixemos está inspirada en maleantes reais que aparecen mencionados nas crónicas do século XIX.

Un deles é Tomás das Congostras, personaxe secundario na novela e que existiu na realidade, aínda que se descoñeza qué hai de realidade e qué de lenda nas historias que circulan sobre el. Dise que tiña o seu refuxio na Pedra de Anamán, na Baixa Limia, e contan as historias locais que berraba:

"I pobre non o ten
i o rico non o dá.
Quen queira sentar plaza
saia á Pedra de Anamán
con dous pesos diarios
i un trabuco na man."

Aquí podedes escoitar unha canción do grupo de rock Os Diplomáticos de Monte Alto, inspirada neste personaxe e no seu berro de loita:




Velaquí unha anécdota sobre Tomás das Congostras recollida por Xurxo Souto no artigo Tomás das Quingostras:

A NENA E O LADRÓN

Pepe Domingo Bernardo contoume a historia do ladrón, segundo lla contou a el a súa avoa, Hortensia. Segundo lla contou a Hortensia, a súa avoa, Albina, que un día se encontrou co propio Tomás das Quingostas. Era unha neniña de 12 anos. Saíu coa súa nai de Pereira pola mañanciña para vender un paxe de peras en Castro Laboreiro. Apareceu na feira o ladrón da Pena de Anamán. Chegou cheirando ao bravío e foi parar onda Mariana e mais Albina. A rapaza agochouse contra o mantelo da nai. Nunca o vira pero sabía ben quen era. Tomás fitouna e falou: –Nena e ¿canto valen as peras?. –Para vocé, señor Tomás, non son contadas. Contestou Mariana. Tomás sacou do peto un pano portugués. Colleu as peras que quixo. E o home bravo, afeito a vivir entre uces e queirugas, a beber nos corgos e durmir no foxo do lobo, pousou na manciña da rapaza un feixe de moedas de prata ben grandes. Despois, marchou amodiño cara a Pena de Anamán. Albina nunca máis o viu, pero á neniña o ladrón terrible pareceulle entón máis guapo e máis bon que as figuras que saían nos libros dos santos.



Comentarios (2) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 19-04-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Morning Star e Benito Soto

Xosé Miranda é o autor de Morning Star, novela publicada por Xerais no ano 1998.




A acción desenvólvese na Galiza de mediados do século XIX, concretamente nos anos da primeira guerra carlista.

Entre outros personaxes que existiron na realidade, aparece mencionado nesta novela o pirata galego Benito Soto, que aterraba os mares no final do primeiro terzo do século XIX, e que tiña como centro de operacións o Océano Atlántico, no espazo comprendido entre o Golfo de Guinea, as costas de Brasil e a fachada atlántica da península Ibérica.




No seguinte mapa aparece trazada a travesía do barco A burla negra, antes chamado O defensor de Pedro, no que o pontevedrés se adicaba á piratería:






Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 19-04-2009 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal