Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Asasinato no Consello Nacional
Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 27-03-2011 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Pirata

Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 27-03-2011 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
A velocidade do frío

Manuel Seixas, A velocidade do frío, Xerais, 1996


"En A velocidade do frío hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos que non sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta e insolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ás aparencias e na falta total de sentimentos." (Xerais)


Manuel Seixas
publicou tamén un CD co mesmo título elaborado a partir de textos da novela, acompañado dun grupo de amigos músicos, actores e xornalistas, no que plasmou unha outra visión da súa novela.

Web do autor

Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 27-03-2011 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
Made in Galiza. Mellor libro publicado en curdo no 2010
Séchu Sende está de noraboa e con el a literatura galega. O seu libro Made in Galiza foi escollido o mellor libro publicado en curdo no 2010 e así o recolle a web curda Diyarname.

Podémolo ler no artigo en inglés que recolle declaracións do tradutor ao curdo na revista Literature across frontieres.

Parabéns, Séchu!



Fonte: Made in Galiza

Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 13-02-2011 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
A praia dos afogados

A praia da Madorra (foto: Daniel González Martín)


Un paseo por A praia dos afogados
no blog A lei de Lem. Percorrido fotográfico polos espazos citados na novela.


Vídeo promocional para a súa edición en castelán da novela de Domingo Villar A praia dos afogados:




Entrevista a Domingo Villar no programa "Página 2" da TVE:




Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 30-01-2011 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
A música na novela A praia dos afogados
"A canción de Solveig" pertence á Suite nº2 de Peer Gynt. Compúxoa Edvard Grieg para acompañar a posta en escena da obra de teatro do mesmo título do tamén noruegués Henrik Ibsen:



Louis Armstrong e a súa orquestra interpretando "Exactly Like You":



George Gershwin
: Promenade (arranxo de 'Walking the Dog' do filme Shall we Dance)



Leo Ferré interpretando a súa canción "Avec le temps":



Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 30-01-2011 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Referencias fílmicas na novela A Praia dos Afogados

Unha historia verdadeira, de David Linch

Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 30-01-2011 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Marcos Calveiro, autor de Settecento
Marcos Calveiro
Entrevista a Marcos Calveiro, autor de Settecento, para A Nosa Terra (02/05/2010) na que fala sobre Veneza, sobre a novela histórica e sobre a importancia da música na obra.


Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 30-05-2010 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
A BSO de Settecento, a novela de Marcos Calveiro
De Vivaldi a Bocherini ou Coltrane e Neil Young. Detrás de Settecento, a última novela de Marcos Calveiro, agóchase moita música.

De Venecia a Compostela, as grandes capitais europeas do século XVIII son escenarios dunha trama na que o autor de Festina lente emprega a estrutura dunha sinfonía para nos falar dos últimos anos de Vivaldi. Luthiers, músicos, personaxes históricos, Venecia e Compostela danse cita nas páxinas desta intriga histórica.

Agora, o autor achéganos unha selección de temas que están presentes na novela ou que tiveron un papel na elaboración da mesma.

Banda sonora de Settecento, seleccionada e comentada por Marcos Calveiro para culturagalega.org.


Fonte: Capítulo 0 (29/04/2010)
Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 01-05-2010 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
Sete palabras
"Esta nova novela de Suso de Toro tómanos da man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos humildes onde se acrisolan os diferentes xéneros literarios para achegarnos a esencia da vida.

O autor fainos pasar da reflexión ao sorriso, con bravura e con tenrura, atopando nas experiencias da pobreza e da vida máis humilde as referencias primeiras que fundan a cultura occidental. Os lectores e lectoras agardan que Suso de Toro corra riscos con cada libro e afronte novos desafíos estéticos e temáticos. Esta novela sorprendente non defrauda estas expectativas xa que Suso de Toro, como fixera en Polaroid, Tic-Tac ou Trece badaladas, traza unha nova fronteira literaria."

Estas son as palabras escollidas para presentar a obra de Suso de Toro Sete palabras (Xerais, 2009) na web ConoceralAutor.com, onde tamén atopamos o vídeo coas declaracións de Suso de Toro sobre Sete palabras.


Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 01-05-2010 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal