Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

O instante eterno


Teaser do documental sobre a vida e a obra de Xosé Mª Díaz Castro O instante eterno.

Proxecto de Fin de Carreira de José Antonio Cascudo, Jessica Rey e Alba Dominguez.

Fonte: Coordinadora Galega de ENDL
Comentarios (0) - Categoría: 053. A Xeración do 36 en Galicia - Publicado o 15-05-2014 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Esmeralda. Xosé María Díaz Castro
Herba perquerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿ por que de ser pequena
te me avergonzas ti?

¡O Universo sería
máis pequeno sen ti?.


Xosé María Díaz Castro





Animación do poema "Esmeralda" de Díaz Castro en Stop Motion, realizada por Antolín Rey e María Bereijo Aneiros.
Voces de Candela González Alves e Néstor Dopico Martínez de 1º A.


Fonte: Coordinadora Galega de ENDL
Comentarios (0) - Categoría: 053. A Xeración do 36 en Galicia - Publicado o 15-05-2014 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Penélope. Xosé María Díaz Castro
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


DÍAZ CASTRO, Xosé María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.





Poema de Xosé María Díaz Castro musicado por Xoán Fuertes Saavedra e interpretado por Fuxan os Ventos. O recitado é do propio poeta e a súa gravación cedida por Xulio Xiz.





Curta de animación sobre o poema “Penélope” realizada polo Obradoiro de Plástica do IES As Barxas de Moaña. Animación de Paula Solla (1º Bacharelato)





Versión do poema "Penélope" de Marta Quintana no seu disco Lus.


Fonte: Coordinadora Galega de ENDL

Comentarios (0) - Categoría: 053. A Xeración do 36 en Galicia - Publicado o 15-05-2014 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Telexornal Díaz Castro


Este informativo, que repasa a vida e a obra do autor, foi emitido en directo o xoves 10 de abril dende a Cidade da Cultura por alumnado do CPI Os Dices de Rois.

Realización: Luís Aldegunde - CPI Os Dices (Rois)


Fonte: Coordinadora Galega de ENDL

Comentarios (0) - Categoría: 053. A Xeración do 36 en Galicia - Publicado o 15-05-2014 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Cunqueiro
Entrevista realizada a Álvaro Cunqueiro por Joaquín Soler Serrano en 1978, para o programa de TVE A fondo:



Duración: 67 minutos


Comentarios (0) - Categoría: 053. A Xeración do 36 en Galicia - Publicado o 04-07-2012 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Álvaro Cunqueiro. Fotobiografía sonora


Álvaro Cunqueiro é un dos fabuladores do Século XX. Recoñecido fora das nosas fronteiras como un dos grandes valores do realismo máxico europeo, a maior parte do seu corpus narrativo está traducido ao castelán. Video realizado por Ouvirmos SL.


Comentarios (0) - Categoría: 053. A Xeración do 36 en Galicia - Publicado o 04-07-2012 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Capotes de sombra amargos. Valentín Paz-Andrade
Dous a dous en tres ringleiras
tricornos seis, seis cabalos,
un fusil a cada lombo,
capotes de sombra amargos,
cal seis funiles de tebra
sobre hipogrifos marchando.
As ferraduras nas laxes
ronsel de chispas nos cascos.
Charoles o anoitecer
verten seu frío no cadro.
Chega o piquete a Bertelo
no deslidar do traballo.
Mulleres voltan do río,
homes a termar dos gados.
Despois veñan as culatas
porta por porta petando,
homes feitos a unha banda,
vellas de face pra manto,
e os ollos dos rapaciños
no mandil das nais chorando.


Valentín Paz-Andrade, Con chaves de sombra, 1979
Comentarios (0) - Categoría: 053. A Xeración do 36 en Galicia - Publicado o 18-05-2012 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Valentín Paz Andrade. Compromiso con Galicia



O documental Compromiso con Galicia conta coa participación de Afonso Paz-Andrade Rodríguez, Tucho Calvo e Camilo Nogueira.

Guión de Sara Paz (CPI de San Vicente da Baña)
Edición de Luís Aldegunde (CPI Os Dices de Rois)
Comentarios (0) - Categoría: 053. A Xeración do 36 en Galicia - Publicado o 18-05-2012 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Pranto matricial: Paz Andrade / 2naFronteira
Música do dúo galaico-italiano 2naFronteira para un poema de Paz-Andrade, "Pranto matricial", que el adicou ao retorno de Castelao a Galiza. Gravado no estudio de Gino Borio, Cascinette d' Ivrea, abril 2012.




NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...

Galiza, 1954


Valentín Paz-Andrade, Pranto matricial, 1955


Comentarios (0) - Categoría: 053. A Xeración do 36 en Galicia - Publicado o 17-05-2012 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
O poeta escolle abril. Álvaro Cunqueiro

Fonte da fotografía: Cerceda


De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza
non rexeita a garrida mocedade e o sangue?
En abril e maio non hai cinza, dicen.
Fiquemos, amigo, sob das azas de abril.

Que fuxan o río, a rosa colorada,
beba deica o final a chama a estela, o titaque o
reló,
procuren un lonxe ou un ningures os camiños
onde morrer.
Á par que fuxe, leve o río o cadavre de Ofelia e as
margaridas da ribeira.

Pro nós, amor, temos os cans fideis das verbas.
Decimos cinza i é pó agora mesmo o que foi chama.
Ofelia, dis, e unha sonrisa alerta a túa memoria
e os ollos teus, rula, nena e suave terciopelo.

Temos a verba, amor, para decir: abril.
Sob as súas azas frolecerán os días.
Abril: o áer pousa unha cidade nas ponlas
das bidueiras de abril. O noso fogar é.

Viviremos, amor, decindo a verba,
queimándoa, feríndoa, labrándoa
tan doce e temerosamente que ela coide, palabra
abril,
que por nós vive, vivímola e soio é dita: abril


Álvaro Cunqueiro, Herba aquí ou de acolá, 1980


Comentarios (0) - Categoría: 053. A Xeración do 36 en Galicia - Publicado o 22-04-2011 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal