Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Eduardo Pondal

Presentación de Sofía Rama


Comentarios (0) - Categoría: 033. Eduardo Pondal - Publicado o 04-07-2012 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Hino de Galiza por El Puto Coke


Esta é a versión rap que El Puto Coke realizou do himno galego e que é o último tema do seu LP Coke Céspedes

Esta canción conta cun sample do grupo Ialma (fillas de emigrantes galegos en Bélxica), con guitarras de Isaac Garabatos, Wöyza nos coros, Dj Fabián nos scratches e Anxo Lorenzo á flauta e á gaita. Ademais, no comezo do tema colabora o grupo afrocubano Cabildo Componedor ás voces e á percusión.

Coke Céspedes foi gravado en Cuba e foi precisamente na Habana, a súa capital, onde se estreou o himno galego en 1907.


Outras versións musicadas en SON DE POETAS

Vía: Marlou


Comentarios (0) - Categoría: 033. Eduardo Pondal - Publicado o 22-06-2012 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
O himno galego en tags

Deseño de Suevo
Comentarios (0) - Categoría: 033. Eduardo Pondal - Publicado o 13-03-2011 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Os orixinais desaparecidos d'Os Eoas
Comentarios (0) - Categoría: 033. Eduardo Pondal - Publicado o 11-05-2009 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Nazón de Breogán

Os versos creados por Pondal para o himno galego son parodiados neste esquech de Air Galicia.


Comentarios (0) - Categoría: 033. Eduardo Pondal - Publicado o 21-06-2007 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
A derradeira voluntá
Cando eu pasar desta vida,
levádeme á Ponte-Ceso,
non vestido este meu corpo
de profano vestimento,
mas do saial de Francisco,
cinxido, humilde, sinxelo,
-que, anque humilde non nacín,
humilde repousar quero-,
e xa alí me sepultade
no monumento paterno...
Cando eu pasar desta vida,
levádeme á Ponte-Ceso.
Se non for na Ponte-Ceso,
sepultádeme na Cruña,
nesta garrida ciudade
que mil bellezas aduna,
a cabo do insigne Curros,
xa que a del i a miña musa
a fala de Breogán
fixeron nobre e robusta:
eu quero xacer de par
de tan nobre sepultura...
Se non for na Ponte-Ceso,
sepultádeme na Cruña.
Comentarios (3) - Categoría: 033. Eduardo Pondal - Publicado o 14-05-2007 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
O testamento do bardo
Sepultade piadosos
o bardo dos gaélicos destinos,
baixo os dereitos troncos rumorosos
de esvelto grupo de soantes pinos,
nos eidos saüdosos
que habitaron os celtas brigantinos.
Que diga o camiñante
que alí dirixe os pasos pelegrinos:
"Este cantou con voz harmonïosa
de Breogán a raza xenerosa".

(1890)
Comentarios (3) - Categoría: 033. Eduardo Pondal - Publicado o 14-05-2007 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cando xazan do cisne
Cando xazan do cisne
os febrentos despoxos,
sobre do verde da ribeira escura,
e xa non s'ouza o canto harmonïoso,
dádelle sepultura
no promontorio aquel, areoso e vougo,
onde o Anllóns, o seu nativo río,
(qu'el máis amou de todos),
da peregrinación antiga súa
e do longo traballo acha repouso.
Que diga o mariñeiro,
rudo fillo do Osmo,
ó entrar pola Barra,
volvendo o escuro rostro:
"Alí xaz o que fora
noutro tempo cantor do eido noso"

(Poema 58 de Queixumes dos pinos)
Comentarios (2) - Categoría: 033. Eduardo Pondal - Publicado o 14-05-2007 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Na miña cámara entraran
Na miña cámara entraran
con sixilosa perfidia,
seus alentos contenendo
por temor de que os sentiran.
Os feitos eran da patria,
que nobre respeto inspiran;
as glorias eran da patria,
a que un amor grande obliga;
os cantos eran da patria,
entusiasmo os escribira...:
e procurando suplantar meu nome,
de oprobio e de baldón o seu cubriran.

(17/2/1916)
Comentarios (0) - Categoría: 033. Eduardo Pondal - Publicado o 14-05-2007 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Monte Branco, monte Branco
¡Monte Branco, monte Branco,
cando te vexo de lonxe
verto a soas triste pranto!
Pois as nosas alegrías
ós dous nos fono fallando:
a ti das túas areas
os ventos te despoxano,
a min tamén me fallecen
aqueles gustos pasados.
¡Ti negreas i eu teño a cabeza
chea de cabelos brancos!

(Poema 61 de Queixumes dos pinos)
Comentarios (2) - Categoría: 033. Eduardo Pondal - Publicado o 14-05-2007 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal