Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Teu nome por mar e terra. Carlos Rivero Troncoso
Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa
nos outos muros da noite.

Nun pano cor de limón
pon o teu nome e no mar
ízao no mastro maior.

Vou escribilo na area
có tinteiro de alborada
pra que o vexan as sereas.

Se o teu nome naufragase
ían saber a vainilla
as augas dos sete mares.

Con branco fío de seda
vouno bordar na bandeira
dunha nao que sae pra Cuba.

Pra Cuba non meu amor
quero que vaia o meu nome
prá illa de Curaçao.


Carlos Rivero Troncoso


Versión musicada por Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero para o disco A cada canto (2012):




Comentarios (3) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 30-09-2012 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
A volta ás Letras en cincuenta días


Co gallo do 50 aniversario do Día das Letras Galegas, o Faro de Vigo publicou un caderno que fai un percorrido polas figuras homenaxeadas ao longo destes cincuenta anos a través dunha serie de 50 carteis.

Os carteis foron realizados por cadanseu deseñador, e van acompañados dun breve texto dun escritor galego actual.

Se pinchades aquí, podedes descargalo ao completo. [Ademais, dende a web da Real Academia Galega, podedes descargalos individualmente]


Fonte: Xavedes!


Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 22-06-2012 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
O perigo dunha historia única


"As historias importan, moitas historias importan. As historias usáronse para despoxar e calumniar, pero as historias tamén poden dar poder e humanizar. As historias poden quebrar a dignidade dun pobo, pero tamén poden reparar esa dignidade rota. (...) Cando rexeitamos a historia única, cando nos damos conta de que non hai unha soa historia sobre ningún lugar, recuperamos unha sorte de paraíso."

Palabras da novelista nixeriana Chimamanda Adichie


Fonte: Aí falaches!


Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 09-02-2012 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
The Child. Alex Gopher




Fonte: Laura Borràs
Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 03-01-2012 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Música pintada


Fonte: Trafegando ronseis
Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 03-01-2012 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Vistas panorámicas

San Andrés de Teixido


Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 27-03-2011 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
A crítica literaria na rede
Hoxe o suplemento “Luces” de El País publica a reportaxe de Daniel Salgado "Os críticos de libros tamén se botan á Rede"..

O autor escribe arredor do novo espazo que está a ocupar a crítica literaria na rede, a “blogocrítica” como a define Armando Requeixo, un dos críticos entrevistados.

Podedes ler aquí a reportaxe completa.

Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 25-02-2011 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Manga: mil anos de historia
Manga: mil anos de historia
Fonte: Biblioteca do IES de Poio

Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 30-01-2011 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Castelao e Rosalía en mans da Igrexa


O Panteón de Galegos Ilustres no que repousan os restos de Rosalía, Castelao, Brañas ou Cabanillas, pasou a ser propiedade da Igrexa Católica este verán e puidemos ver con estupor como foi pechado ao público.

San Domingos de Bonaval fora un ben expropiado á igrexa xa durante as desamortizacións liberais do século XIX, pero este verán, por unha decisión xudicial, pasou de novo a ser propiedade da Igrexa Católica.

A primeira medida adoptada pola nova propietaria do monumento foi pechalo ao público e, ante a falta de acordo entre a Igrexa e a Xunta, chegouse a unha situación verdadeiramente esperpéntica na que os nosos máis ilustres galegos quedaron literalmente secuestrados entre as catro paredes do Panteón.

Tras as forte protestas que se sucederon no mes de xullo e que culminaron cun Acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, reabríronse as negociacións entre a Consellaría de Cultura e o Arcebispado de Santiago, de xeito que as portas foron reabertas ao público.

Na actualidade pode ser visitado durante seis días á semana. Que pasará no futuro?

Que pensaría Rosalía de Castro de todo isto? A mesma que non recibiu a oración no acto fúnebre, por expresa prohibición do Arcebispo de Santiago, Miguel Payá y Rico, cando foron trasladados os seus restos desde o cemiterio de Adina ao Panteón dos Galegos Ilustres en 1891?


Fontes:

"Castelao e Rosalía son hoxe prisioneiros no Panteón de Galegos Ilustres" Vieiros (28/06/2010)

"O Panteón de Galegos Ilustres reabre este mércores"
A Nosa Terra ( 12/07/2010)


Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 01-12-2010 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Paseo polo corazón galeguista da Coruña
A Associaçom Galega da Língua (Agal) vén de publicar un ilustrativo DVD que leva por nome “Un passeio com Jenaro Marinhas del Valle. Um paseo pola Corunha galeguista”. Durante 45 minutos, podemos facer unha fermoso paseo pola cidade herculina guiados por Felipe Senén e Henrique Rabuñal.

Durante o documental repásase a vida de grandes figuras galegas vinculadas estreitamente á cidade: Lugrís Freire, Curros Enríquez, Manuel Ferrol, Eduardo Pondal, Leandro Carré, Murguía, Castelao...e por suposto, entre moitas outras, a de Jenaro Marinhas, a quen se lle rendeu tributo o ano pasao co gallo do centenario do seu nacemento.


Fontes onde se pode ver o documental:

Portal Galego da Língua (12/10/2009)

Vieiros (12/11/2009)


Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 16-11-2009 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal