Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

A literatura do Século XIX. Rexurdimento

Presentación de Sofía Rama


Comentarios (0) - Categoría: 030. Século XIX - Publicado o 04-07-2012 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
150 aniversario dos Xogos Florais da Coruña


Hai 150 anos, o 2 de xullo de 1861, celebrábase o primeiro certame poético en galego contemporáneo.

Nos Xogos Florais da Coruña, patrocinados por Pascual López Cortón e organizados por Xoana de Vega e por Benito Vicetto co obxectivo de promover os valores literarios galegos, premiouse o poema de Francisco Añón “A Galicia”, composto en galego. Toda unha aposta por un idioma que moitos daquela consideraban pouco acaído para as sutilezas da poesía e, en xeral, da alta cultura.

Fragmento do poema premiado:

Ai esperta, adorada Galicia,
dese sono en que estás debruzada;
do teu rico porvir a alborada
polo Ceo enxergándose vay.



Conmemoración do 150 aniversario dos Xogos Florais da Coruña, inicio do Rexurdimento literario da lingua galega

A Coruña: Unha estrela no ceo de Galicia, acto conmemorativo do 150 aniversario dos Xogos Florais de 1861


Comentarios (0) - Categoría: 030. Século XIX - Publicado o 03-07-2011 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
O provincialismo



O provincialismo na Galipedia

Fragmento da proclama de constitución da Xunta Provisional de Goberno de Galicia redactada por Antolín Faraldo:

Galicia, arrastrando ata aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha verdadeira colonia da corte, vai levantarse da súa humillación e abatimiento. Esta Xunta, amiga sinceira do país, consagrarase constantemente á engrandecer o antigo reino de Galicia, dando proveitosa dirección ós numerosos elementos que atesoura no seu seo, levantando os cimentos dun porvir de gloria. Para conseguilo esforzarase constantemente en fomentar intereses materiais, crear costumes públicos, abrir as fontes naturais da súa riqueza, decrépita fundada sobre a ignorancia. Espertando o poderoso sentimento de provincialismo, e encamiñando á un só fin todos os talentos e todos os esforzos, chegará á conquistar Galicia a influencia de que é merecedora, colocándose no alto lugar á que está chamado o antigo reino dos suevos.


Antolín Faraldo na Galipedia

Miguel Solís na Galipedia

Os Mártires de Carral na Galipedia


"O provincialismo e o pronunciamento de Solís" en Galeguistas (Blog dos alumnos de Xeografía e Historia de Galicia,IES SanTomé de Freixeiro,Vigo)


Comentarios (0) - Categoría: 030. Século XIX - Publicado o 19-06-2011 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal