Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Gándara



N-aquel biduído dos bidos louzanos
o páxaro Sol non pía seus raios,
e morre de amor.

N-aquel biduído dos lanzales bidos
o páxaro Sol non criba seus píos
e morre de amor.

Non criba seus ritmos, non pousa seus
raios e albean de frío os albres delgados
e morren de amor.

Non ceiba seus raios, non tece seus fíos
e albres e mámoas albean de frío
ca poldra que morde no mato cativo.

1932



Fermín Bouza-Brey, Nao senlleira, 1933

Bouza-Brey, Fermín, 1980, Obra literaria completa, Santiago: Edicións do Cerne


Pintura de Gustav Klimt


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Fermín Bouza-Brey - Publicado o 24-04-2011 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Temas da fonte agachada
¡Cata a fonte costureira,
merla fonte asubiadora...!
¡Ten tesouras para a Noite
e agulliñas para a Aurora...!

¡Cata a fonte costureira!

No serán ao Ceu-Narciso
fura o balandrán de estrelas;
na Alborada o fío da auga
vai cosendo as buratelas.

¡Cata a fonte costureira!

Zurceume ben meus amores
a se espellar no seu cano...
Pujo noos de todo tempo
en liñas de todo o ano.

¡Cata a fonte costureira!

1930


Fermín Bouza-Brey, Nao senlleira, 1933

Bouza-Brey, Fermín, 1980, Obra literaria completa, Santiago: Edicións do Cerne


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Fermín Bouza-Brey - Publicado o 24-04-2011 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Triadas no mar e na noite
A J. M. de la Fuente Bermúdez

Meu navío leva ao vento
no mastro eterno da noite
o treu do meu pensamento.

Leda vai a nao
na proa unha frol:
a rosa albariña
do meu corazón.

Amiguiña, crara estrela,
dáme a aguillada de un bico
para apurrar a gamela.

Leda vai a nao, et sic.

Por navegar ao desvío
varei a miña chalana
no teu corazón-baijío.

Leda vai a nao, et sic.

Os agros van de ruada.
Vinde ruar pol-as ondas
levarés a herba mollada.

Leda vai a nao, et sic.

O faro de Corrubedo
co seu ollo largasío,
ai amor, púxome medo,

Leda vai a nao, et sic.

Deitouse o mar, foise o vento,
no mastro da noite albean
os liños do pensamento

Leda vai a nao
abordo un amor;
é granada a rosa
do meu corazón.

1927


Fermín Bouza-Brey, Nao senlleira, 1933

Bouza-Brey, Fermín, 1980, Obra literaria completa, Santiago: Edicións do Cerne


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Fermín Bouza-Brey - Publicado o 24-04-2011 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Lelías ao teu ouvido
O pumariño da noite quer froitificar estrelas.
O tanger desta cantiga é o sinal para acendelas…
-ai, meu amor!-
… é o sinal para alcendelas.

Agárdanos na ribeira, sob o descordo do mar,
no seo dos cons, o leito de herbiñas de namorar…
-ai, meu amor!-
… de herbiñas de namorar.

As nove ondas do ensono espreitan co seu engado
pra enguedellar a toleira de ista noite de noivado.
-ai, meu amor!-
… de ista noite de noivado.

Eisí ao fontegal da espranza, antes de que saia o día
iremos enguedellados catar a fror da auga fría…
-ai, meu amor!-
… catar a fror da auga fría.

Ao alén! que no pumariño madurecen os luceiros,
nosos dous corazóns beilan tolos nos ledos turreiros,
ai, meu amor!

no labradío das ondas albea a fror do luar
lámpada para o teu leito de herbiñas de namorar.
ai, meu amor!

si algún malfado nos fire, ajotaremos o mal
a bicos, ou caramiña de un virge caramiñal…
-ai, meu amor!- …
de un virge caramiñal.

Fermín Bouza-Brey, Nao senlleira, 1933

Bouza-Brey, Fermín, 1980, Obra literaria completa, Santiago: Edicións do Cerne

Comentarios (1) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Fermín Bouza-Brey - Publicado o 24-04-2011 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Nao senlleira


¡Quen dera ser nao senlleira
n-aquel mar non presentido
das ja mergulladas terras!

Sen ceo, sen astros, sen vento,
sempre á toa pol-as ondas
deitado no esquecimento,

nin andar nin desandar,
nin ter outro coido acedo
que leijarse ir pol-o mar...

¡Quen dera ser nao senlleira!

Sen fito —estrela nin porto—
ser eu a propia ribeira!!

¡Quen dera...!

1932



Fermín Bouza-Brey, Nao senlleira, 1933

Bouza-Brey, Fermín, 1980, Obra literaria completa, Santiago: Edicións do Cerne


A imaxe é da portada da primeira edición de Nao Senlleira, editada pola Ed. Nós no ano 1933. Gravado de Sesto

Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Fermín Bouza-Brey - Publicado o 24-04-2011 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal