Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Encetamos un novo libro?


Iniciamos un novo curso e abrimos a porta a moitas e novas experiencias. Entre elas, todos os libros por ler que nos agardan dentro e fóra das bibliotecas.
Comentarios (0) - Categoría: 002. Animación á lectura - Publicado o 08-10-2017 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
En Rois teñen un plan B estupendo
En Rois temos un plan B é un traballo do CPI dos Dices editado por Luís Aldegunde en 2011.






Comentarios (0) - Categoría: 002. Animación á lectura - Publicado o 21-05-2016 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Poesía na camisola


TINTA DE LURA
As camisolas de Tinta de Lura forman parte dun proxecto que quere difundir poesía por canles diferentes e achegala a un público máis amplo.
http://www.tintadelura.com


Comentarios (0) - Categoría: 002. Animación á lectura - Publicado o 04-07-2012 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Lipdub do IES Fontem Albei da Fonsagrada


"Dende o Grupo de Traballo da Biblioteca do IES Fontem Albei de A Fonsagrada (Lugo-Galiza) plantexamos este lipdub como unha actividade para a Formación de Usuarios, aproveitando as potencialidades das TIC, para explicar a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal: sistema de clasificación do coñecemento que consiste en dividilo en dez grandes campos que permiten ordear e catalogar as obras nunha biblioteca). Trátase dunha especie de xogo onde o espectador debe ir identificando nas esceas os números e cores alusivos ás diferentes áreas temáticas:

0 Xeneralidades. Dicionarios. Enciclopedias. (Cor Marrón)
1 Filosofía. Psicoloxía. Ética. (Cor Azul claro)
2 Relixión (Vermello)
3 Ciencias Sociais (Laranxa)
4 Baleiro (Negro)
5 Matemáticas. Ciencias Naturais (Verde)
6 Ciencias Aplicadas. Medicina. Tecnoloxía (Cor azul oscuro)
7 Arte. Música. Deportes. Espectáculos (Cor rosa)
8 Lingüística. Literatura (Cor Amarelo)
9 Xeografía. Biografías. Historia (Cor branco)

Por outra banda esta actividade serviunos para fomentar a implicación de toda a comunidade educativa nun mesmo proxecto así como para crear un ambiente de distensión e participación, en definitiva: bo rollo."


Fonte: Canle de Biblifonsa


Comentarios (0) - Categoría: 002. Animación á lectura - Publicado o 27-03-2011 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Le en galego



Campaña do instituto Marco do Camballón, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, na que nos animan a sacar os libros dos estantes e ler en galego.

Convídannos desde un vídeo realizado por Producións TVz, que veñen sendo Manolo de Carbia, David Rivadulla, Irene, David Dopazo, Manolo, Miguel, Diego, Mª Xosé, Carina e Séchu Sende.

Comentarios (0) - Categoría: 002. Animación á lectura - Publicado o 27-03-2011 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
Aproveita e le


"Aproveita e le" é o lema da campaña para estimular a lectura que o concello da Coruña puxo en marcha no mes de abril de 2009.



Comentarios (0) - Categoría: 002. Animación á lectura - Publicado o 27-03-2011 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Aproveita e le

Comentarios (0) - Categoría: 002. Animación á lectura - Publicado o 27-03-2011 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
DesconxeLe
Neste momento de enfriamento lector, propoñémosvos desconxelar as lecturas dos vosos conxeladores andeis ou que vos acheguedes á vosa libraría de referencia para conseguir un novo libro e realizar o acto lector (se vos cómpre a ansia) :) ou conservar no andel para cando o acto lector che sexa máis apropiado. Lembra que ler é conversar cun autor, un diálogo continuo e perdurable do que sempre disporemos, sexa conservado en formato sólido (en papel) ou en formato líquido (dixital).

Campaña desconxele de fomento do hábito lector



Idea e realización de 2.0 Editor


Comentarios (0) - Categoría: 002. Animación á lectura - Publicado o 30-05-2010 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal