Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Madrigal á cibdá de Santiago. Federico García Lorca
Madrigal á cibdá de Santiago

Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura
herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma de cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago,lonxe do sol
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.

Este é o primeiro dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca.

En novembro de 1932 foi publicado por primeira vez na revista Yunque de Lugo. Logo, animado por Blanco Amor, Lorca accede a publicar este e o resto dos seus poemas galegos no libro Seis poemas galegos en 1935 co selo da editorial Nós.

O seu editor será Ánxel Casal e unha casualidade fatal fará que ambos os dous, Lorca e Casal, morran asasinados polas forzas fascistas o mesmo día, o 19 de agosto de 1936.

A continuación podes escoitar varias interpretacións musicais deste poema feitas por Luar na Lubre:



Luar na Lubre




Luar na Lubre con Ismael Serrano




Luar na Lubre con Ismael Serrano en directo na TVG


Tamén o podemos escoitar en Son de Poetas.

Podemos ler os demais poemas galegos de Lorca na unidade didáctica As Vangardas de Pilar Ponte.

Máis información sobre a xénese dos poemas galegos de Lorca na Galipedia.

Comentarios (0) - Categoría: 045. As vangardas en Galicia. Lorca - Publicado o 08-02-2010 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal