Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Poemas cataláns de Álvaro Cunqueiro


A ANOMENADA “CANTIGA CATALANA”

Paradis, Enlloc
l’aigua es flor
i l’ànima em roba
mon amor!

La mar es encara una noia nova
i per cims d’Enlloc seu cos s’enfonza
mon amic!

El veler es un roser florit
i el vent nou una fletxa d’or fi
mon amor!

Ocells refilen sota el cel d’Enlloc
que es un mon blau de suau remor
mon amic!

Aigües dels rius de la verde riba
veniu als arbres del Paradis! us crida
mon amor!

Enlloc, Paradis
ferit m’he vist
de flors el pit
mon amic !

a Tomás Garcés

“LA NIT ES BRUNA”

La nit es bruna
Tres estrelles son tres
i l’alosa es una

L’alosa es poncella
no se si fruita
no se si estrella

L’aire ha dit
que l’aigua i la rosa
l’han adormit

L’aigua ha cantat
que l’aire i l’alba
l’han despertat

Qui tingui amor
qui vinga aquí
donar la flor !

a Josep Carner

“LA CANÇÓ DEL ROSSINYOL DE LA MORT CRUEL”

DISCURSO


Sento els seus ulls parlar sota las llunas
Entremitg de las cérvolas feridas
sota las llunas sento els seus ulls parlar
sento els anelles d’or i el capdell de les ombres
sento ferres i soletats, llanças sonoras.
Sortint del cel ha mort la branca nova.
Aquesta es la cançó del rossinyol de la mort cruel


Fonte: Alofonía catalá de Cunqueiro (2+1 poemas), Amauta Castro, 2007


Comentarios (2) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Cunqueiro - Publicado o 20-06-2010 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
A dama que ía no branco cabalo. O cabaleiro da pruma na gorra. Álvaro Cunqueiro
Portado do disco A dama e o cabaleiro de Amancio Prada

A dama que ía no branco cabalo
levaba un pano de seda bordado
Na verde fror
as letras van de amor!

O cabaleiro do cabalo negro
levaba unha fita colléndolle o pelo
Na verde fror
as letras van de amor!

No meio do río cambiaron as vistas,
el para o pano i ela prá fita.
Na verde fror
as letras van de amor!

As vistas lles viron no río cambiar
e o pano e a fita por se namorar.
Na verde fror
as letras van de amor:
Con amor vivirás!


O cabaleiro da pruma na gorra,
meu amigo é!
O cabaleiro do verde tabardo,
meu amigo é!
Ogallá que na guerra non morra,
meu amigo é!
Non de frecha, de asta nin dardo,
meu amigo é!


ÁLVARO CUNQUEIRO, Dona do corpo delgado, 1950

Versión musicada de Amancio Prada destes dous poemas:



Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Cunqueiro - Publicado o 07-02-2010 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Por oír a unha rula decir de amor


Por oír a unha rula decir de amor,
amiga, namorado vou!

Por mirar as cerdeiras como botan fror,
amiga, namorado vou!

Por verte e non te vere no verde prado,
amiga, namorado vou!

Porque non me non queres por teu namorado,
amiga, namorado vou!

- No vento porei este meu lume novo
porque ardan as rulas, as cerdeiras e todo!
Amiga, namorado vou!

Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama riveira, 1933
Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Cunqueiro - Publicado o 07-02-2010 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
No niño novo do vento. Álvaro Cunqueiro


No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!


Álvaro Cunqueiro en Cantiga nova que se chama Riveira, 1933

Este poema foi musicado por moitos intérpretes, a versión máis coñecida é a de Luís Emilio Batallán, quen nos ofrece esta nova interpretación para a película Pradolongo:


Tamén podedes escoitar a primeira versión de Luís Emilio Batallán en Son de Poetas xunto á de Xoel López, Amancio Prada e Milladoiro.


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Cunqueiro - Publicado o 07-02-2010 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
NOIVADO II. Álvaro Cunqueiro

Os anacos de espellos amaban ríos.
Amistades coa sal. Coas cousas máis antigas.
Unha noiva das fontes e dos paxaros noivos.
Os cabelos despertos. A sal imaxe donda,
central de noites vivas. A lúa cousa antiga.
Unha pedra ferve o seu van. O río anda.
Que inexactos e xustos os coores da noiva!
Unha ave sonora como unha margarida,
sis e nons naturais sabor de frol recente.
Cada espello unha vea escurridiza e fría
onde gotexa o cheiro dos ríos desiguais.
Sober silencios nidios a noiva dos paxaros.
Velahí a dormida. Un peito soio.
Unha noiva de cousas. Como en calquer estampa
os anacos de espello amaban ríos.


Álvaro Cunqueiro, Poemas do si e non, 1933


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Cunqueiro - Publicado o 07-02-2010 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
ELA I EL -POEMA 2. Álvaro Cunqueiro
Á cama medráranlle infinitamente os pés.

-Ela ergueu unha man para acadar aquela liña de
arco que se tronzou de ollos contra os seus
e houbo un intre malencólico que chegou até as
perfebas del con unha friaxe inocente de descampado.

Á mañán viñéralle de moi remotamente lonxe unha
gracia sutil de microscopio.

-El matinaba unha luz anónima
que soubese contar como pasou o van dela ao carón do
vidro da súa lembranza incauta.


Álvaro Cunqueiro, Poemas do si e non, 1933


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Cunqueiro - Publicado o 07-02-2010 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
ELA -POEMA 6. Álvaro Cunqueiro
Ela vestía os traxes curtos da primavera.

Andaba con paso de ribeira ou torso xacente
deixando caír os brazos todo ao longo das súas mans máis
imprevistas.

Alumna desprendida do ar
a mañán levaba a súa cor igual que os vidros a levan a ela.

Ela seguía andando a namorar.


Álvaro Cunqueiro, Poemas do si e non, 1933


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Cunqueiro - Publicado o 07-02-2010 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
ELA -POEMA 5. Álvaro Cunqueiro
No meio do seu peito os veleiros armaran unha rede tímida
que tiña unha voz chea de lámparas i eclipses
e un párpado tecido polos ventos.

Ela seguía sendo universal e nidia.

Unha gorxa chea de distancias
era a frauta que encantaba os ecos esquecidos no funda das
correntes mariñas,
permutadas de cauces onde as illas mouras dos seus ollos.

Ela estaba lonxe de todo. Todo estaba ao seu carón.


Álvaro Cunqueiro, Poemas do si e non, 1933


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Cunqueiro - Publicado o 07-02-2010 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Unha, dúas, tres: A lancha. Álvaro Cunqueiro
Unha, dúas, tres: A lancha
enchen de sombras, áxiles e nítidas.
Sob de ti voan: craras,
navegantes,
tibias.
Catro, cinco, seis. Gueivotas.



Álvaro Cunqueiro, Mar ao norde, 1932

Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Cunqueiro - Publicado o 07-02-2010 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Cinco fiestras colgadas. Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro, Mar ao norde, 1932
Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Cunqueiro - Publicado o 07-02-2010 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal