Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Taberna
Chove fóra. Nas pozas
aboya a luz do gas.
Na lameira da rua
entérrase un cantar.

Mariñeiros de Amberes
de Cork e Rotterdam...
O acordeón borracho
fala inglés, alemán...

. . . . . . . . . . . . . . . . . .
Na folla do coitelo
fuxe a luz cal no mar.


Luís Amado Carballo, Proel, 1927
Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Amado Carballo - Publicado o 07-02-2010 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Noite
A cidade pesca á ardora
e diante da súa rede
de luces de ouro tomado
foxe a lúa como un peixe.


Luís Amado Carballo, Proel, 1927
Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Amado Carballo - Publicado o 07-02-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Beira
O mar borracho de sol
anda a tombos pola praia,
a montaña lavandeira
bota areales nas ágoas.


Luís Amado Carballo, Proel, 1927
Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Amado Carballo - Publicado o 07-02-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Calma chicha
As rúas amarelas
con preguiza de bois
levaban deica o mar
quentes feixes de sol


Luís Amado Carballo, Proel, 1927


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Amado Carballo - Publicado o 07-02-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Canzón do temporal
Os berros dos mazaricos
rachan as sedas do mar,
no carro das mouras nubes
vén do sur o temporal.

Nas barrase e nos peiraos
rompen as foulas cristadas
de lóstregos azuados
das estrelas afogadas.

Púxose o ceo de loito
polos que van afogar
As centellas como trallas
baten no lombo do mar.


Luís Amado Carballo, Proel, 1927


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Amado Carballo - Publicado o 07-02-2010 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Sol-por
Midi le juste y compose de feux.
La mer, la mer, toujours recommencée!


PAUL VALÉRY, Cimitière marin


SOL-POR

Acorado e roibo
durmíase o día,
coa testa deitada
no colo da ría.

As campás beatas
no ceo bulían
rezando rosarios
á Virxen María.

Bogando nas nubens
cara ó ceo ían
envoltas nos ouros
do sol que morría.

Polo mar, as velas
eran folerpiñas,
que da lua aberta
nas ágoas caíran.

Da veira do río,
chegaban cantigas,
choutando nas leiras
molladas de risas.

Preto do hourizonte,
estrelas obrizas
frotaban os ollos
tirando a perguiza.

E bicando os lonxes
as foulas ispidas
o alen nevaban
de limpas surrisas.

Un outo aturuxo
voando fuxía.
E os bosques lonxanos
noite revertían.



Luís Amado Carballo, Proel, 1927


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Amado Carballo - Publicado o 07-02-2010 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Lúa
Lúa
Presentación de Laura Márquez e Mario Gradín a partir do poema "Lúa" pertencente ao poemario O galo, publicado en 1928 despois da morte do autor.


Fonte: O clube das ideas


Comentarios (0) - Categoría: 044. As vangardas en Galicia. Amado Carballo - Publicado o 07-02-2010 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal