Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Exilio. Documental de RTVE
Exilio. Documental de RTVE
Comentarios (0) - Categoría: 050. Memoria histórica - Publicado o 19-01-2011 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
As novelas da memoria. John Thompson



John Thompson, profesor do Departamento de Linguas Modernas da Universidade do Estado de Montana, publicou o primeiro estudo sobre literatura da Guerra Civil.

Trátase do ensaio As novelas da memoria, publicado por Galaxia en 2009 e que leva por subtítulo “Trauma e representación da historia na Galiza contemporánea”.

Thompson analiza as novelas galegas que tratan o tema da II República, a Guerra Civil e a Ditadura, e contrapón a representación literaria que deses acontecementos amosaron os nosos narradores ás falacias franquistas que aínda perduran.

"A través das novelas pódese experimentar a forza da memoria como elemento transformador da sociedade actual", sostén Thompson.

Memoria e trauma emerxen na sociedade e na ficción narrativa, porque a memoria será o único bálsamo capaz de restituír a xustiza e axudar á sociedade a superar o trauma.


Podemos descargar en PDF o apéndice da obra:

LISTA CRONOLÓXICA DAS NOVELAS ESCRITAS EN GALEGO QUE AFONDAN NA SEGUNDA REPÚBLICA, NA GUERRA CIVIL OU NA DITADURA
.

Tamén podemos escoitar a John Thompson falando da literatura e da historia na Galiza do século XX nunha entrevista concedida a Anxos García Fonte para RADIOFUSIÓN (20/12/2009)


Fonte: culturagalega.org


Comentarios (0) - Categoría: 050. Memoria histórica - Publicado o 13-12-2010 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
From A to X, no antigo cárcere provincial da Coruña


A partir da novela de John Berger From A to X, na que unha muller escribe cartas ao seu home preso polas súas ideas, Isabel Coixet crea a instalación FROM I TO J, unha exposición-homenaxe ao escritor inglés que se puido ver en Barcelona e Madrid e agora podemos vivir con maior intensidade, como a propia Coixet destacaba na inauguración, no antigo cárcere da Coruña ata o 11 de xullo, pois aproveita o ambiente claustrofóbico da que foi prisión provincial da Coruña para recrear a soidade e a angustia do preso a quen van dirixidas as cartas que escoitamos ao entrar en cada unha das celas.

Isabel Coixet concedeulle un lugar de honra ás cartas manuscritas de despedida dalgúns dos presos represaliados durante a guerra civil, especialmente seleccionadas para a exposición na Coruña, proporcionándolle un realismo arrepiante a esta instalación, baseada como dixemos nun texto literario, pero que á súa vez quere recrear e recuperar a memoria de todas as persoas que se ven privadas da súa liberdade polas súas ideas e, nesta ocasión ademais, dos centos de inocentes que ateigaron o cárcere da Coruña con motivo do golpe de estado de Franco.


Fonte: Arquivos do Trasno


Comentarios (0) - Categoría: 050. Memoria histórica - Publicado o 20-06-2010 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Os libros arden mal

Comentarios (0) - Categoría: 050. Memoria histórica - Publicado o 20-06-2010 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Juana Capdevielle. Carmen Blanco
Juana Capdevielle

JUANA CAPDEVIELLE

En memoria da bibliotecaria republicana
e muller do Gobernador Civil d’ A Coruña,
Francisco Pérez Carballo asasinado en 1936,
paseada en Rábade polos fascistas
cando agardaba o nacemento do fillo de ambos.


I

O esplendor do futuro

En ti asasinaron o brillante presente e abortaron o esplendor do futuro, mais as fillas e os fillos nacidos da dignidade da túa vida e da túa morte guiaremos a existencia máis alá.

II

O amor é indestrutible

Juana, fuches o máis fermoso da miña vida. Onde estea e mentres poida pensar, pensarei en ti. Será como se estivésemos xuntos. Deixáchesme dito na noite do vinte e catro de xullo de 1936 antes de que te matasen. Paco, fuches o máis fermoso da miña vida. Onde estea e mentres poida pensar, pensarei en ti. Será como se estivésemos xuntos. Dígoche na noite do dezaoito de agosto de 1936 antes de que me maten. E penso: quitaranme a vida, mais non me quitarán o amor porque o amor é indestrutible.


Carmen Blanco

En Manuel Fernández Rodríguez (ed.), Poemas pola memoria (1936-2006), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2006, p. 73


Fonte: Las afinidades electivas


Comentarios (0) - Categoría: 050. Memoria histórica - Publicado o 20-06-2010 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
García e Galán. Uxía Senlle (Spain in My Heart)


Do álbum Spain in My Heart - Songs of the Spanish Civil War.

García vaise á súa casa
e dille a súa muller
traeme o traxe de noivo
que eu o quería poñer.

Dime donde vas decía...
dime por deus onde vas.
Eu non cho podo dicir
pero voute abrazar.

Tráeme a nena que a bico
con unha augiña do mare.
A súa nai que alí estaba
no chan se desmaiou...

García que alí estaba
a súa nai levantou.
Non se aflixa miña nai
ai nin pense xa máis en min...

Mira que bonito estou
aínda que vou morrer
cando sintas os disparos
alancar cara as montañas

I é que din que mataron
a dous valientes de España
son os dous republicanos
non quixeron monarquía...

Xa marcharon os Borbones
e nunca máis volverán
levan a roupa manchada
co sangue de Galán,

fusilaron a Galán,
fusilaron a García
son os dous republicanos
non quixeron monarquía.


Versión de Uxía Senlle do Romance de Galán y García


Comentarios (0) - Categoría: 050. Memoria histórica - Publicado o 20-06-2010 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Los Marineros - Uxía Senlle (Spain in My Heart)


Comentarios (0) - Categoría: 050. Memoria histórica - Publicado o 20-06-2010 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal