Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

Galicia Hoxe


O peche de Galicia Hoxe é o enésimo fracaso colectivo do proxecto de Galicia como nación cidadá. O ecosistema da lectura en galego, esa arboriña que agarimamos dende hai máis de cento cincuenta anos, perde outro dos seus froitos máis preciosos. Inevitablemente, dende hoxe todo este ecosistema e toda a súa biodiversidade quedará moi danado; sen esquecer que despois de ter desaparecida xa toda a prensa impresa en galego, os perigos que corremos outros sectores do tecido empresarial da lectura en galego son moi considerables. Sabemos que traballamos á intemperie, nas condicións máis adversas dos últimos trinta anos; como sabemos, tamén, que para facer viables os nosos proxectos só contamos coa intelixencia, esforzo e teimosía dos cadro de profesionais de cada unha das empresas e coa forza e apoio que nos achegan os lectores e lectoras. No marco da fraxilidade provocada pola profunda mudanza do paradigma da comunicación informativa e cultural, non hai outro camiño para soster os medios de lectura en galego que esta corresponsabilidade entre profesionais e lectores. O futuro da nación, da cultura e da lingua dependerá de nós, do esforzo e do compromiso de cada un dos milleiros e milleiros de galeguistas dispostos a non desistir no seu afán. Sinálao certeiramente Caetano Díaz no peche do seu afouto artigo de despedida: "é tempo de silencio".

Fonte: Brétemas


Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 03-07-2011 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Belen Regueira. Xurado nos Premios Xerais 2010
Como se ven os premios literarios desde a perspectiva do xurado? A xornalista Belén Regueira reflexiona sobre a lectura desde a trastenda do Premios Xerais 2010, despois de participar como xurado.

Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 27-03-2011 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
O mercado da edición dixital

Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 13-02-2011 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
O álbum ilustrado
O álbum Ilustrado
Fonte: Biblioteca do IES de Poio

Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 30-01-2011 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Ex libris gallaeciae. Dos libros de Galicia
Códice Calixtino
"Ex libris gallaeciae. Dos libros de Galicia" é o nome dunha exposición comisariada por Xosé Ramón Barreiro e por Xosé Luís Axeitos, que estará ata o 14 de febreiro no arquivo da Cidade da Cultura, e que ofrece un percorrido pola construción da cultura galega a través de oitenta e tres xoias bibliográficas.

A mostra reúne 83 libros, códices ou manuscritos considerados clave na construción da cultura galega e que van desde os primeiros textos romanos que comezan a definir un territorio co nome de Gallaecia ata o primeiro libro electrónico en galego.

Unha das cinco únicas versións completas que se conservan no mundo do Códice Calixtino ou o primeiro documento escrito en galego que se coñece, o “Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas” (ano 1228) prestado pola Casa de Alba, serán algúns dos tesouros bibliográficos que se poderán ver nesta exposición.

Ao igual que o primeiro libro impreso que chegou a Galicia, Decretales Gregorii Papae Maguncia IX, o primeiro libro impreso en Galicia, Breviarium Auriensis, o primeiro mapa do Reino de Galicia ou o libro impreso en galego máis antigo que se conserva, Proezas de Galicia, tampouco podían faltar nesta exposición os principais nomes da nosa literatura (Sarmiento, Rosalía de Castro, Castelao, Manuel Antonio...).

Mais tamén os grandes científicos galegos ocupan un espazo destacado nesta mostra, que ofrece unha escolma dos tratados científicos galegos que ao longo dos séculos acadaron unha maior sona internacional.


Máis información.


Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 01-12-2010 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Los libros arden que flipas


A imaxe é unha parodia, pero a noticia non:


190.000 libros de texto en galego destinados ao lixo! Hai quen fala, como mínimo, de 5 millóns de euros ao lixo!





Fonte do texto:
Galicia Hoxe (15/06/2010)

Fonte da imaxe:
Sei o que nos figestes os últimos 525 anos



Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 30-06-2010 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Meubook


A partir do 15 de xullo de 2010 estará operativa a web de Meubook.
Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 30-06-2010 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Libros electrónicos ou e-books
Que é un e-book?



Joaquín Rodríguez fala do presente e do futuro do libro:




Máis información na análise de Alejandro Feijóo Informe sobre el libro electrónico.

Fonte: Trafegando Ronseis

INFORMACIÓN RELACIONADA: Xerais edita os primeiros e-books galegos: Sete Palabras e Dime algo sucio



Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 30-06-2010 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
A literatura galega na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña
O último canto está na lista  deThe White Ravens 2010
Un total de 17 editoriais galegas levaron o mellor dos seus catálogos á edición 2010 da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña: Kalandraka, Everest Galicia, Rodeira, Baía, OQO, A Nosa Terra, Edicións Xerais, Nova Galicia, El Patito Editorial, Sotelo Blanco, Tambre, Biblos Clube de Lectores, Obradoiro–Santillana, Galaxia, Primera Persona, Toxosoutos e Xerme.

Cun stand propio fornecido pola Dirección Xeral de Difusión e Promoción da Cultura, da Xunta de Galicia, amosaron as súas novidades editoriais e impulsaron a proxección da obra dos escritores e ilustradores galegos na que pasa por ser unha das citas de referencia que ao longo do ano se producen na escena editorial mundial.

Ademais, entre outros actos, presentouse tamén a 32 edición do Congreso da International Board on Books for Young People (IBBY), que entre o 8 e o 12 de setembro terá lugar en Santiago de Compostela.

Por outra banda, a Internationale Jugendbibliothek de Múnic presentou a súa exposición dos libros que en 2010 obtiveron a distinción The White Ravens, prestixiosa selección dos mellores libros infantís do mundo. Entre eles está O último canto. Unha obra de Pablo Albo e Miguel Ángel Díez e que, segundo a editora OQO, "enfronta dun xeito entrañábel e natural a morte, un concepto difícil de comprender para os nenos e de explicar para os adultos".


Máis información en Vieiros (25/03/2010)


Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 20-06-2010 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Escritores traducidos ao galego por Rinoceronte Editora

Neste mapa podemos situar os lugares de procedencia dalgúns dos escritores que foron traducidos ao galego pola editorial Rinoceronte.

Rinoceronte Editora creouse en Cangas do Morrazo en 2005 coa idea de traducir ao galego literatura estranxeira, fundamentalmente recente, atendendo en especial a ámbitos culturais e lingüísticos dende os que nunca se importara nada á nosa lingua. Dese xeito, foron os primeiros en traducir dende o finlandés, o húngaro, o xaponés, o islandés ou o hebreo. En ocasións libros que non están editados en ningunha outra lingua románica.

Recentemente abriron un novo vieiro cunha colección denominada Inversa, na que traducen a outras linguas obras escritas orixinariamente en galego.

Catálogo de Rinoceronte Editora


Comentarios (0) - Categoría: 001. O mundo editorial - Publicado o 04-06-2010 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal