Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

O perigo dunha historia única


"As historias importan, moitas historias importan. As historias usáronse para despoxar e calumniar, pero as historias tamén poden dar poder e humanizar. As historias poden quebrar a dignidade dun pobo, pero tamén poden reparar esa dignidade rota. (...) Cando rexeitamos a historia única, cando nos damos conta de que non hai unha soa historia sobre ningún lugar, recuperamos unha sorte de paraíso."

Palabras da novelista nixeriana Chimamanda Adichie


Fonte: Aí falaches!


Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 09-02-2012 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O incierto señor Cunqueiro
El incierto señor Cunqueiro (2010) é un documental dirixido por Antón Reixa con guión de Miguel-Anxo Murado, no que se intenta resolver a cuestión de por que 20 años despois da morte dun dos escritores en lingua galega máis importantes de todos os tempos, este segue sendo aínda un escritor ignorado.





Antón Reixa recolle neste documental imaxes de arquivo nas que o propio Álvaro Cunqueiro fala das súas claves literarias, os seus amigos, os seus gustos... Testemuños aos que se suman os de máis dunha decena de familiares, escritores, críticos, amigos e especialistas como Xuan Bello, Quico Cadaval, Xavier Castro, César Cunqueiro, Juan Ramón Díaz, Luis Mateo Díez, Francisco Fernández del Riego, José María Merino, César Antonio Molina, César Morán, Sacha Ormaechea e Nélida Piñón.


Fonte: Canle de ACEcultura


Comentarios (0) - Categoría: 055. Prosa de posguerra - Publicado o 09-02-2012 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
The Child. Alex Gopher




Fonte: Laura Borràs
Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 03-01-2012 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Onda a unha fonte. Antonio Noriega Varela


ONDA A UNHA FONTE

Do P. Vicente Rigueros, S.J.


Sobre mimosas froles e verdura
sentou ó Neno a cándida María
onda a unha fonte cristalina e pura
que no camiño de Salem había.
E ó ver no chau sentado
ó que do chau é esteio,
ó que en trono dourado
triunfa sobre os abismos, terra e ceio...
suspirou tenramente
en doce amore o corazón desfeito,
e o Fillo, ansiosamente,
gardou o suspiriño no seu peito.


Antonio Noriega Varela, Do ermo, 1920

NORIEGA VARELA, Antonio, 1982, Do ermo, Vigo: Galaxia


Comentarios (0) - Categoría: 043. Antre dous séculos - Publicado o 03-01-2012 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Música pintada


Fonte: Trafegando ronseis
Comentarios (0) - Categoría: 000. Xeral - Publicado o 03-01-2012 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
NOVELAS



ASASINATO NO CONSELLO NACIONAL de Diego Ameixeiras:

Asasinato no Consello Nacional

O CLUB DA CALCETA de María Reimóndez:

O club da calceta.

CONEXIÓN TUBINGA de Alberto Canal:

Conexión Tubinga

FUTURO IMPERFECTO de Xulia Alonso Díaz:

Fragmento I

Fragmento II


GALVÁN EN SAOR de Darío Xohán Cabana:

Galván en Saor

HOME SEN NOME de Suso de Toro:

Home sen nome

O HOME INÉDITO de Carlos G. Meixide:

O home inédito
.

O LAPIS DO CARPINTEIRO de Manuel Rivas:

O lapis do carpinteiro.

OS LIBROS ARDEN MAL de Manuel Rivas:

Os libros arden mal.

MADE IN GALIZA de Séchu Sende:

Made in Galiza.

Lendo: Made in Galiza
Guía de Lectura da obra de Séchu Sende por Pilar Ponte - Asociación de Escritores en Lingua Galega

Antes de leres o libro

OS MEGATOXOS de Anxo Fariña:

Os Megatoxos


MORNING STAR de Xosé Miranda:

Benito Soto


Tomás das Congostras

OLLOS DE AUGA de Domingo Villar:

A música na novela Ollos de Auga

PIRATA de María Reimóndez:

Pirata


A PRAIA DOS AFOGADOS de Domingo Villar:

Entrevista a Domingo Villar para TV2


Un paseo por A praia dos afogados


A música na novela A praia dos Afogados


Referencias fílmicas na novela


Recomendación ministerial...


SETE PALABRAS de Suso de Toro:

Sete palabras

Declaracións de Suso de Toro sobre Sete palabras
.

SETTECENTO de Marcos Calveiro:

«Settecento» de Marcos Calveiro
Texto de Ramón Nicolás publicado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia o 31 de xullo de 2010.

Entrevista ao autor


Banda sonora de Settecento, seleccionada e comentada por Marcos Calveiro para culturagalega.org.

TODO É SILENCIO de Manuel Rivas:

Todo é silencio

TRECE BADALADAS de Suso de Toro:

Declaracións de Suso de Toro sobre Trece badaladas

A VELOCIDADE DO FRÍO de Manuel Seixas:

A velocidade do frío



Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 13-12-2011 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Galván en Saor
O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas.

Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxe á narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben coñece como tradutor, entre outros textos, d'A divina comedia de Dante e do Cancioneiro de Petrarca.

A palabra na súa medida xusta, o idioma en todo o seu frescor e galanura, a imaxe lírica ben medida para que non apague a historia senón que a potencie e enleve. Estas son as artes e as sabedurías de Darío Xohán Cabana.


Fonte: Ficha en Xerais


Entrevista a Darío Xohán Cabana en La Voz de Galicia (05/11/2002) na que fala de Galván en Saor


Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 13-12-2011 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Sedia-m´eu na ermida de San Simion. Meendinho
Sedia-m’ eu na ermida de San Simión
e cercaron-mi-as ondas que grandes son.
Eu atendend’ o meu amigu’! E verrá?

Estando na ermida, ant’ o altar,
cercaron-mi-as ondas grandes do mar.
Eu atenden[d’o meu amigu’! E verrá?]

E cercaron-mi-as ondas que grandes son:
non ei [i] barqueiro nen remador.
Eu [atendend’o meu amigu’! E verrá?]

E cercaron-mi-as ondas do alto mar:
non ei [i] barqueiro nen sei remar.
Eu aten[dend’o meu amigu’! E verrá?]

Non ei i barqueiro nen remador:
morrerei [eu], fremosa, no mar maior.
Eu aten[dend’o meu amigu’! E verrá?]

Non ei [i] barqueiro nen sei remar:
morrerei eu, fremosa, no alto mar.
Eu [atendend’o meu amigu’! E verrá?]



Meendinho

Cancioneiro da Vaticana : 438 e Cancioneiro da Biblioteca Nacional : 852.

Brea, Mercedes (dir.) 1996, Lírica Profana Galego-Portuguesa, Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia


Versión de Xosé Quintas Canella, Eloy e Ánxel:



Versión de Los Watios (incluída no CD-DVD de Vigo Yeyé):




Vistas da illa de San Simón:


Fonte da imaxe:Club Náutico de Cobres


Fonte da imaxe: Turgalicia


Comentarios (0) - Categoría: 011. Cantigas profanas musicadas - Publicado o 13-12-2011 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Bailemos nos ja todas tres ai amigas. Airas Nunes


Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,
so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,
so aqueste ramo d' estas avelanas,
e quen for louçana como nós, louçanas,
se amigo amar,
so aqueste ramo d'estas avelanas
verrá bailar.

Por Deus, ai amigas, mentr' al non fazemos
so aqueste ramo frolido bailemos,
e quen ben parecer como nós parecemos,
se amigo amar,
so aqueste ramo, sol que nós bailemos,
verrá bailar.



Airas Nunez (compuxo as súas cantigas na corte de Sancho IV, no período que decorre entre 1284 e 1289)


Brea, Mercedes (dir.), 1996, Lírica Profana Galego-Portuguesa, Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia.


Versión de Miro Casabella en Son de poetas


Versión de Pedro Barroso:




Comentarios (1) - Categoría: 011. Cantigas profanas musicadas - Publicado o 26-10-2011 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pestanas como cancelas. Cristal Méndez Queizán
PESTANAS COMO CANCELAS

Para as miñas dúas avoas

ESCOITA
Tía Rabina,
díxome o meu pai
que foras nai do bisavó
que era fillo de solteira
e facías pan
para vender,
en Vilanova.

Non son de ti
os queiques, mollos e licores
moi finos
nos fogares con sol e canela
que recordo
en jersey amorosiño
e de colo a colo por mulleres guapísimas,
loiras e morenas.

Que a túa memoria
chegoume ao ventre
pola vía paterna
(a de letra, non de leite)
e non obstante, recoñézote
vulnerable ao cabo:
muller.

Saberás que chove
coma entón sobre valados.
Algúns artistas seleccionan líquidos
que logo distribúen en cuncas de formas diversas
e coloridas.
Moita xente acumulando
léxico, anagramas, melodías.
E os máis soberbios bautizan
o mar.

O resto
cousa vella,
fronte aos ollos
a muralla
e nós mesmas sendo
as pedras
cementadas as unhas contra sobre as outras,
infectadas polo soño
dos ríos que volven e logo van e tumba
e dálle coas cancelas que só abren para máis cancelas
como pestanas de morto.
E ninguén fala en prata,
murmurios
de alalás.

Pois
unhas cantas
andamos a conspirar
para queimar as portas de dobre folla
e invalidar calquera caixa ou depósito
(especialmente as de pechadura binaria)
e afundir no mar enorme
as claves de acalar
a polirritmia
o pulso vivo
da verdade
comprida no fondo do labirinto
como unha bomba de ar.

Prudentemente
pois se saíramos espidas á rúa
as nosas vidas correrían perigo,
que xa colléramos certa vez
por fóra do camiño e sen revólver
e houbemos de arder
e xa na obriga de regresar ao refuxio
das paredes
imos pola calada
agachando
no fondo das potas
e en caixas de música
nitroglicerina.

Tía Rabina
escoita, ou,
a que chama é a túa tataraneta
dende a retagarda
no fin do milenio,
que aquí estamos,
máis das que se pensa,
agardando humildes
a hora xusta
da loucura
e precisamos tamén
da túa lama,
óesme,
por mans que amasaron
o pan
en Vilanova
Tía Rabina,
Demo de Vella.


Cristal Méndez Queizán, 1997, Amizade con Mowgli, A Coruña: Espiral Maior


Comentarios (0) - Categoría: 071. Poesía dos 90 - Publicado o 03-10-2011 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal