Literalingua


Caderno de Lingua e Literatura Galega para as alumnas e alumnos de Bacharelato do IES Breamo
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NESTE BLOG

A pota que trota


Curtametraxe de animación dirixida por Juan José Medina, baseada no libro do mesmo título de Patacrúa e Kristina Andres publicado por OQO editora.
Comentarios (0) - Categoría: 081. Curtametraxes - Publicado o 11-10-2016 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Os sete cabritiños


Curta de animación dirixida por Ismael Mon, que adapta a obra homónima de Tareixa Alonso e Teresa Lima publicada por OQO editora.
Comentarios (0) - Categoría: 081. Curtametraxes - Publicado o 11-10-2016 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
En Rois teñen un plan B estupendo
En Rois temos un plan B é un traballo do CPI dos Dices editado por Luís Aldegunde en 2011.






Comentarios (0) - Categoría: 002. Animación á lectura - Publicado o 21-05-2016 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
O decálogo do galego. Manuel Rivas
1. O paraíso tamén está en Galicia. Non é chauvinismo. Por que imos ter menos autoestima que as inmobiliarias? O que lle fai falta a este país é unha man de pintura coas cores das dornas e un azul de Patinir.

2. Somos fillos da vieira. É dicir, de Venus. En Santiago está soterrada unha deusa adolescente e o Camiño de Santiago foi sempre o da fertilidade, o da comitiva de Dionisio, usurpado pola burocracia do Santo Oficio e a multinacional das Indulxencias.

3. Somos do partido do riso. Aquí, os mortos pásano ben. Chegará un día en que en lugar de crego pediremos un mariachi que cante Pero sigo siendo el rey!

4. Somos larpeiros, a moita honra. Sempre nos din: "Nada de caramelos agora. Cando non teñades dentes, xa comeredes todos os que queirades". Pois imos comer cos dentes as Pedras todas de Santiago.

5. Temos vontade de estilo. Facemos ben o mal e mal o ben.

6. Temos unha lingua propia, moi lírica, moi lercha. E un acento con moitas curvas, afrodisíaco.

7. Somos moi de aldea: só nos interesa o planeta Terra e a estreliña do luceiro, compañeiriña da lúa.

8. Somos sentimentais, que pasa? A ver quen ten collóns a chorar como choramos nós!

9. Disque temos unha ironía británica. Mais o noso himno nacional, coa letra d'Os pinos, supera en todo o God save the Queen.

10. Seremos os últimos en marchar deste lugar. Chegaremos tarde ao Xuízo Final.


Rivas, Manuel, 2008. Os Grouchos, Vigo: Xerais


Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Ensaio adultos, 2008


Fonte: Días estranhos

Comentarios (0) - Categoría: 073. Novelas actuais - Publicado o 21-05-2016 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Nosa Señora da Barca

Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra;
ben o pudera ter de ouro,
miña Virxe, si quixera.


- I -

¡Canta xente..., canta xente
por campiñas e por veigas!
¡Canta polo mar abaixo
ven camiño da ribeira!
¡Que lanchas tan ben portadas
con aparellos de festa!
¡Que botes tan feituquiños
con tan feituquiñas velas!
Todos cargadiños veñen
de xentiña forasteira,
e de rapazas bonitas
cura de tódalas penas.
¡Cantos dengues encarnados!
¡Cantas sintas amarelas!
¡Cantas cofias pranchadiñas
dende lonxe relumbrean,
cal si fosen neve pura,
cal froles da primaveira!
¡Canta maxesa nos homes!
¡Canta brancura nas nenas!
I eles semellan gallardos
pinos que os montes ourean,
i elas cogolliños novos
co orballo da mañán fresca.


(...)

Inicio do poema 6 de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Pódese ler completo aquí

Comentarios (0) - Categoría: 031. Rosalía de Castro - Publicado o 21-05-2016 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
O Rexurdimento segundo o Leo: Rosalía é poppy, Pondal é heavy e Curros punky


Na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, nun acto poético-musical dedicado a Rosalía, Leo e Arremecaghona, explicaba así o Rexurdimento: "Rosalía é poppy, Pondal é heavy e Curros punky".

No mesmo acto o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, e o vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas, presentaron o proxecto 'Rosalía é Mundial', que fai un chamamento á tradución de poemas de 'Cantares gallegos' ás linguas do mundo para celebrar os 150 anos da publicación desta obra.

http://rosaliadecastro.org/planeta-rosalia

Comentarios (0) - Categoría: 031. Rosalía de Castro - Publicado o 09-12-2015 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Herdeiros pola forza. Xurxo Ayán e Manuel Gago


Fonte: 2.0 Editora
Comentarios (0) - Categoría: 075. Ensaio - Publicado o 26-06-2014 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Pelerinaxe lírica aos lugares rosalianos. 1951


En xullo de 1951 celebrouse unha peregrinación polos lugares vencellados á vida de Rosalía de Castro. Participaron nela as máis esgrevias personalidades da cultura galega daquel tempo (Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz Andrade, Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, entre outros), ademais de centos de galegos anónimos que se lles uniron de xeito espontáneo.

Os actos rosalianos proseguiron en Compostela os días 24 e 25 de xullo daquel mesmo ano, coa presenza de dona Gala Murguía.

Todo aquilo deu orixe a unha película documental, editada en 1951 baixo o título Pelerinaxe Lírica aos lugares Rosalianos, con guión de Celso Emilio Ferreiro. Medio século despois, o documental foi recuperado, restaurado e presentado e comentado por testemuñas que viviron aquel momento.

Comentarios (0) - Categoría: 031. Rosalía de Castro - Publicado o 18-05-2014 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
O instante eterno


Teaser do documental sobre a vida e a obra de Xosé Mª Díaz Castro O instante eterno.

Proxecto de Fin de Carreira de José Antonio Cascudo, Jessica Rey e Alba Dominguez.

Fonte: Coordinadora Galega de ENDL
Comentarios (0) - Categoría: 053. A Xeración do 36 en Galicia - Publicado o 15-05-2014 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Esmeralda. Xosé María Díaz Castro
Herba perquerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿ por que de ser pequena
te me avergonzas ti?

¡O Universo sería
máis pequeno sen ti?.


Xosé María Díaz Castro





Animación do poema "Esmeralda" de Díaz Castro en Stop Motion, realizada por Antolín Rey e María Bereijo Aneiros.
Voces de Candela González Alves e Néstor Dopico Martínez de 1º A.


Fonte: Coordinadora Galega de ENDL
Comentarios (0) - Categoría: 053. A Xeración do 36 en Galicia - Publicado o 15-05-2014 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal