Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
literactúa


    literactúa


A Praza dos Libros mantén altos niveis de participación e aumenta vendas en galego
  • O Concello de Carballo fai unha valoración positiva da Praza dos Libros 2011, pola que pasaron esta fin de semana moitas persoas e na que houbo uns ingresos por venda de libros de 17.000 euros

  • Ao longo dos catro días de feira vendéronse nas sete librarías participantes arredor de 1.500 libros, dos cales uns 900 estaban editados en galego e uns 600 en castelán

  • Unhas 1.500 persoas participaron nas distintas actividades programadas

  • Os libros máis vendidos foron Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e A familia Caravana, de Pepe Carreiro

[Carballo, 29 agosto de 2011]

O Concello de Carballo fai unha valoración positiva da Praza dos Libros 2011, que tivo lugar desde o xoves 25 ao domingo 28 de agosto no Xardín Municipal da capital bergantiñá, e na que se mantiveron tanto os niveis de venda como os niveis de participación das edicións de 2009 e 2010 que, pola súa vez, incrementaran o volume de vendas con respecto á edición de 2008.

Ao longo dos catro días de feira pasaron pola Praza dos Libros miles de persoas e unhas 1.500 participaron nas case 20 actividades programadas, entre presentacións de libros, actos de sinatura por parte dos/as autores/as, actividades de animación, concertos, monicreques, etc.

Con respecto ao nivel de vendas, houbo uns ingresos por adquisición de libros de 17.000 euros. Esta cifra é similar ás das edicións de 2009 e 2010, e supera os 15.000 euros de ingresos da edición de 2008. Deste xeito, a media de ingresos de cada unha das sete librarías participantes foi de case 2.500 euros.

Importante incremento das vendas en galego
Vendéronse na Praza dos Libros uns 1.500 libros, o 60% en galego e o 40% en castelán. Por vez primeira nesta Praza dos Libros de Carballo, vendéronse máis títulos en galego que en castelán. Os máis vendidos na lingua propia de Galicia foron Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e a serie infantil A familia Caravana, de Pepe Carreiro, con arredor de 100 exemplares cada un. Os libros máis vendidos en castelán foron La ciencia en el punto de Mira (uns 60 exemplares), a tradución do orixinal en galego (xa esgotado nas librarías) de Jorge Mira, e En el país Nube Blanca, de Sarah Lark (uns 20 exemplares). Tamén tiveron moi boas vendas todos os libros que foron presentados na feira, como Madeira de mulher, de Adela Figueroa; Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón; Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas; Cara B, de Ignacio Silva; Luis Suárez. Fútbol de seda, de Xan Fraga; In vino veritas, de Francisco Castro; ou A vida fóra, de Miguel Sande.

Foron grandes as colas que houbo para poder levar asinados libros de Xosé Neira Vilas, de Jorge Mira ou de Pepe Carreiro, e tamén o disco Admirando a condición, de Ses, do que cómpre destacar o éxito en vendas durante o concerto acústico de presentación que tivo lugar o domingo a último hora, e no que se venderon unhas 50 copias.

Tamén foi alta a participación en todas as actividades infantís.

Os momentos de maior asistencia foron o xoves pola mañá, o venres pola tarde e, sobre todo, o domingo durante todo o día, no que a Praza dos Libros coincidiu coa feira e cando se desenvolveu con moito éxito unha vez máis a iniciativa ?Un libro, un pan?, coa que cada persoa que comprou un libro foi agasallada cun dos 400 pans de Carballo que se repartiron.

Estas cifras son consideradas positivas tanto polo Concello como polas librarías participantes e consolidan a boa acollida da Praza dos Libros como unha referencia anual para a difusión do libro e da lectura, dándolle especial protagonismo á creación galega.
Literactúa! Comentarios (21) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 29-08-2011 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Praza dos Libros 2011. Do 25 ao 28 de agosto
Praza dos Libros 2011 Carballo
Actividades lúdicas, presentacións, actuacións, contacontos, música, lingua, autoras e autores da comarca e do país, pan, feira..., literatura, e moitas outras propostas encherán de vida, imaxinación e creatividade o Xardín Municipal de Carballo durante catro días, desde o xoves 25 ao domingo 28 de agosto.

PROGRAMA (descárgao aquí completo en .pdf)

XOVES 25

11.00 h Comezo da Praza dos Libros. Durante toda a mañá haberá feira tradicional e #infantil Ciclobiblioteca con contacontos espontáneos

13.00 h Inauguración e pregón de Rosalía Fernández Rial

18.30 h #infantil Caramulo, o xinete das árbores. Contacontos de Anxo Moure para nenos e nenas

19.30 h Presentación do libro de contos Madeira de mulher (Ed. do Castro), de Adela Figueroa, coa actuación musical de O?Mighelo e o seu acordeón diatónico. Participan:
-O?Mighelo
-Paco Graña, de Adega
-Celsa Sánchez, ilustradora
-Adela Figueroa, autora, expresidenta de Adega

20.30 h Presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais), de Carlos Callón. Participan:
-Xosé Regueira, concelleiro de Normalización Lingüística
-Manuel Bragado, editor
-Luz Cures, lingüista
-Carlos Callón, autor, presidente da Mesa

VENRES 26

12.30 h #infantil Conto contigo. Contacontos de Expresión para nenos e nenas

18.30 h #infantil Contos para escagharriñarse. Espectáculo infantil dos Ghazafelhos

19.30 h Presentación de Penúltimo dietario (Xerais), de Xosé Neira Vilas. Participan:
-Silvana Castro, profesora e concelleira
-Manuel Bragado, editor
-Xosé Neira Vilas, autor

20.15 h Sinatura de libros do escritor Xosé Neira Vilas, autor de Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Querido Tomás, etc.

20.30 h Conversa con Ignacio Silva, carballés autor de Cara B (Xerais) e Rosalía Fernández Rial, carballesa autora de Átonos (Lumieira)

22.30 h De ruada ao serán. Espectáculo etnográfico na Praza do Concello

SÁBADO 27

12.30 h Presentación de Luis Suárez. Fútbol de seda (Baía), de Xan Fraga. Participan:
-Marcos Trigo, concelleiro de Deportes
-Manolete, ex-xogador internacional do Deportivo da Coruña
-Xan Fraga, autor

19.30 h #infantil Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón, de Títeres Viravolta

20.30 h Presentación de In vino veritas (Galaxia), de Francisco Castro. Participan:
-María Canosa, escritora
-Francisco Castro, autor

DOMINGO 28

11.00 h Un libro, un pan. Durante toda a mañá, todas as persoas que merquen algún libro serán agasalladas cun pan de Carballo. Tamén haberá feira tradicional e #infantil Ciclobiblioteca con contacontos espontáneos

12.30 h Presentación de A ciencia no punto de Mira (Auga), de Jorge Mira. Participan:
-Santi Garrido, xornalista
-José María de la Viña, profesor
-Jorge Mira, autor

18.30 h #infantil Contos no tendal, contacontos para nenos e nenas de Raquel Queizás

19.30 h #infantil Presentación da nova serie infantil A familia Caravana (Cumio), de Pepe Carreiro (autor dos Bolechas). Participan:
-Milagros Lantes, mestra e concelleira
-Francisco Villegas, editor
-Pepe Carreiro, autor

20.00 h Sinatura da novela A vida fóra (Galaxia), de Miguel Sande

20.30 h Admirando a condición, presentación do disco de Ses, con concerto acústico de María Xosé Silvar e Tito Calviño

21.30 h Remate da Praza dos Libros

Podes descargar o programa completo en .pdf en: http://www.carballo.org/medi/documentacion/programa_praza11.pdf

Cada persoa que merque un libro en galego será agasallada cun exemplar de Os meus favoritos, guía de enderezos de internet. Ademais, todos os libros mercados terán un 10% de desconto e todos os días haberá sorteo de lotes de libros.

Horario:
-Mañás: de 11.00 h a 14.00 h
-Tardes: de 17.30 h a 21.30 h

Organiza:
-Concello de Carballo

Colabora:
-Conservas Calvo

Participan:
-Libraría A Tenda dos Libros (Ponteceso)
-Libraría Brañas (Carballo)
-Libraría Como unha novela (A Laracha)
-Libraría Couceiro (A Coruña)
-Libraría Pedreira (Santiago)
-Libraría Roget (Vimianzo)
-Libraría Trasgo (Carballo)
-Tinta de Lura (camisolas literarias) [o domingo]
Programa completo en .pdf
Literactúa! Comentarios (23) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 24-08-2011 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0