literactúa


A Praza dos Libros mantén os bos niveis de venda e participación de edicións anteriores
Praza dos Libros 2010
  • O Concello de Carballo fai unha valoración positiva da Praza dos Libros 2010, pola que pasaron arredor de 10.000 persoas e na que houbo uns ingresos por venda de libros que superaron os 17.000 euros


  • Ao longo dos catro días de feira vendéronse nas sete librarías participantes arredor de 1.500 libros, dos cales uns 700 estaban editados en galego e uns 800 en castelán


  • Máis de 1.500 persoas participaron nas distintas actividades programadas


  • Os libros máis vendidos en galego foron Covalladas, de Xurxo Borrazás, e A intervención, de Teresa Moure, e en castelán El tiempo entre costuras, de María Dueñas, e Novedades, souvenirs, artículos de coña, de Rober Bodegas

[Carballo, 30 agosto de 2010]

O Concello de Carballo, desde a Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística, fai unha valoración positiva da Praza dos Libros, que tivo lugar desde o xoves 26 ao domingo 29 de agosto no Xardín Municipal da capital bergantiñá, e na que se mantiveron tanto os niveis de venda como os niveis de participación da edición de 2009 que, pola súa vez, incrementara o volume de vendas con respecto á edición de 2008.

Ao longo dos catro días de feira pasaron pola Praza dos Libros arredor de 10.000 persoas e unhas 1.500 persoas participaron nas case 20 actividades programadas, entre presentacións de libros, actos de sinatura por parte dos/as autores/as, actividades de animación, concertos, monicreques, maxia, etc.

Con respecto ao nivel de vendas, houbo uns ingresos por adquisición de libros que superaron os 17.000 euros. Esta cifra é a mesma que en 2009, e supera os 15.000 euros de ingresos da edición de 2008. Deste xeito, a media de ingresos de cada unha das sete librarías participantes foi de case 2.500 euros.

Deste xeito, vendéronse na Praza dos Libros arredor de 1.500 libros, dos cales arredor do 45% foron libros en galego e arredor do 55% libros en castelán. Os máis vendidos na lingua propia de Galicia foron Covalladas. Prosa vertical, do autor carballés Xurxo Borrazás, e A intervención, de Teresa Moure, ambos os dous libros presentados na feira. Os libros máis vendidos en castelán foron El tiempo entre costuras, de María Dueñas, e Novedades, souvenirs, artículos de coña, do carballés Rober Bodegas, que estivo asinando exemplares.

Os momentos de maior asistencia foron o xoves pola mañá, o venres pola tarde e, sobre todo, o domingo pola mañá, cando a Praza dos Libros coincidiu co Feirón de Verán e cando se desenvolveu con moito éxito unha vez máis a iniciativa “Un libro, un pan”, coa que cada persoa que comprou un libro foi agasallada cun dos 450 pans de Carballo que se repartiron.

Estas cifras son consideradas positivas tanto polo Concello como polas librarías participantes e consolidan a boa acollida da Praza dos Libros como unha referencia anual para a difusión do libro e da lectura.

INFO NOS MEDIOS

-La Costa da Morte despide agosto a ritmo de fiesta (La Voz, 31/8/2010)

-El Feirón de Verán reforzó el papel de Carballo como centro comarcal (La Voz, 30/8/2010)

-Arredor de 10.000 persoas pasaron polas casetas e participaron nas actividades da Praza dos Libros 2010 (Carballo.org)

-A regueifa pasou a páxina máis alegre da Praza dos Libros (La Voz, 29/8/2010)

-Libros para dar y tomar en Carballo (La Voz, 28/8/2010)

-Carballo escribiu a primeira páxina dunha nova edición da Praza dos Libros (La Voz, 27/8/2010)

-«En Carballo ofrécese un produto de primeiro nivel» (La Voz, 26/8/2010)

-La feria del libro de Carballo le toma la palabra al verano (La Voz, 19/8/2010)
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: VARIOS - Publicado o 31-08-2010 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Praza dos Libros 2010. Do 26 ao 29 de agosto en Carballo
Praza dos Libros 2010
Este ano a Praza dos Libros estará chea de actividades para todas e todos. Catro días, do 26 ao 29 de agosto, con contacontos, música, monicreques, libros, regueifas, maxia, presentacións e outras propostas que encherán de imaxinación e creatividade o Xardín Municipal de Carballo.

Programa completo en .pdf

PROGRAMA

XOVES 26 DE AGOSTO

10.30 h Inicio da Praza dos Libros 2010

Toda a mañá: Feira tradicional de Carballo, cos mellores produtos alimentarios locais e de tempada

13.00 h Inauguración e pregón a cargo de Yolanda Castaño

19.00 h Contacontos en verso para nenos/as por parte de Yolanda Castaño a partir das aventuras do verme punki Punver (Galaxia)

20.30 h Presentación de A Intervención (Xerais), de Teresa Moure, con “videoinstalación” da autora.
Participan:
-Antón Pedreira (libreiro)
-Teresa Moure (autora)


VENRES 27 DE AGOSTO

12.30 h Contos pícaros. Contacontos de Raquel Queizás

19.00 h O galo Quirico e os seus amigos. Monicreques Seisdedos

19.30 h
-Sinatura de En clave de sol (Lumieira) por parte de Rosalía Fernández e Mon Lendoiro

-Sinatura das obras de Alberto Varela Ferreiro

-Sinatura de O náufrago (Sotelo Blanco), de Xosé Antonio Pet Posse

As primeiras 60 persoas que se acheguen a asinar un libro, serán agasalladas co libro de banda deseñada 1809. A rebelión Neria, de Alberto Varela Ferreiro, xentileza da Asociación Neria

20.30 h Presentación de Covalladas. Prosa vertical (Galaxia), de Xurxo Borrazás.
Participan:
-Belén Puñal, xornalista
-Xurxo Borrazás, autor

22.30 h Festival de música e baile tradicional, con grupos de Carballo e Uruguai


SÁBADO 28 DE AGOSTO

12.30h Obradoiro de regueifas con Luís O’Caruncho e Bieito Lobariñas

18.00 h Xogos populares e tradicionais para todos/as no Xardín Municipal. Mariola, corda, pano...

19.00 h Presentación de O regueifeiro Celestino Álvarez Castro, Celestrino, de Xosé Manuel Varela Varela (AV Monte d’Arxa).
Participan:
-Suso de Xornes (regueifeiro)
-Fermín da Feira Nova (regueifeiro)
-Fernando Álvarez García (fillo de Celestrino)
-Xosé Manuel Varela (autor)

19.30 h Desafío regueifeiro, con:
-Suso de Xornes
-Fermín da Feira Nova
-Luís O Caruncho
-Bieito Lobariñas


20.30 h A lingua que queremos.
Presentación conxunta de:
-Lingua e futuro (Laiovento), coordinado por Goretti Sanmartín
-Lingua de calidade (Xerais), de Xosé Ramón Freixeiro
-Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo (Laiovento), coordinado por Luís Villares
Participan:
-Goretti Sanmartín (profesora da UdC)
-Xosé Ramón Freixeiro (catedrático da UdC)
-Luís Villares (xuíz)
-Silvana Castro (profesora de lingua)

22.30 h En galego. Concerto de Os Carunchos


DOMINGO 29 DE AGOSTO

Todo o día: Ciclobiblioteca

Toda a mañá: Feirón de Verán, cos mellores produtos alimentarios locais e de tempada

Un libro, un pan. Todas as persoas que merquen algún libro serán agasalladas cun pan da marca Pan de Carballo

11.30 h Contacontos para nenos e nenas de Anxo Moure

12.30 h Sinatura de Novidades, souvenirs, artículos de coña, por parte do seu autor, Rober Bodegas

18.00 h Presentación de Galiza en Suíza. 50 anos de presenza galega en Suíza (CIG), coordinado por Xurxo Martínez Crespo.
Participan:
-Marianne Helfer
-Xurxo Martínez Crespo

20.00 h Palabras máxicas. Espectáculo de maxia de Cristian Magic a partir do libro Atrapado na torre (Everest)

21.30 h Peche da Praza dos Libros 2010

Programa completo en .pdf

O xoves 26 pola mañá a Praza dos Libros convivirá coa Feira tradicional de Carballo e o domingo 29 co Feirón de Verán, con compra, venda e difusión dos mellores produtos locais e de tempada


Todos os libros mercados na Praza dos Libros terán un desconto do 10%

Sorteos de lotes de libros
Todos os días, ás 21.15 h, se fará un sorteo dun lote de libros entre todas as persoas que mercaran algún libro ese día na feira. Os/as premiados/as poderán recoller o seu lote até o domingo 29 de agosto ás 21.30 h no stand do Concello de Carballo


E, ademais...

Ciclo Trad: o venres 20 de agosto, concerto de Antonio Rivas e os seus vallenatos, o sábado 21 curso de acordeón con Antonio Rivas e o sábado 28 xornadas da regueifa e concerto de Os Carunchos

II Ruta do pincho de verán: remata o domingo 29 de agosto, cos mellores pinchos en diferentes bares de Carballo

Berocasión. Feira do vehículo de ocasión de Bergantiños. Sábado 28 e domingo 29 de agosto no Rego da Balsa de Carballo


Horario de apertura das casetas

Xoves e domingo
Mañá: de 10.30 h a 14.30 h
Tarde: de 17.30 h a 21.30 h

Venres e sábado
Mañá: de 11.00 h a 14.00 h
Tarde: de 17.30 h a 22.00 h

Organiza:
-Concello de Carballo

Colaboran
-Conservas Calvo
-Pan de Carballo
-Letras Vivas. Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia
-aCentral folque
-Atlántica de Construción e Medio Ambiente

Participan
-Libraría Brañas (Carballo)
-Libraría Como unha novela (A Laracha)
-Libraría Couceiro (A Coruña)
-Libraría Orizales (A Coruña)
-Libraría Pedreira (Santiago)
-Libraría Roget (Vimianzo)
-Libraría Trasgo (Carballo)
-Concello de Carballo


Programa completo en .pdf
Literactúa! Comentarios (8) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 18-08-2010 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal