Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
literactúa


    literactúa


Suspéndese a conversa de Literactúa do mes de maio
Por motivo dunha pequena intervención cirúrxica de última hora, o autor convidado no mes de maio non poderá participar na conversa. Xosé María Álvarez Cáccamo sufriu unha súpeta apendicite da que xa foi operado satisfactoriamente en Barcelona e da que xa se recupera sen problemas, mais que obriga a suspender a conversa que estaba prevista con el en Carballo o próximo mércores 28 de maio.

A Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Carballo deséxalle ao autor unha pronta e boa recuperación.

Xosé María Álvarez Cáccamo naceu en Vigo en 1950. Estudou Filoloxía Románica na USC e dende 1973 exerceu de profesor de Literatura en varios institutos de Galiza. Destaca como poeta, aínda que tamén publicou relatos breves, algunha peza teatral e textos para o público infantil. Como ensaísta centrouse na poesía galega da segunda metade do século XX, con estudos como Vida de Antón Avilés de Taramancos. A comezos do 2006 publica as súas memoria baixo o título de Memoria de poeta. Da súa obra lírica destacan os poemarios Luminoso lugar de abatimento, Premio Esquío 1986, e Calendario perpetuo, Premio da Crítica de Galiza 1998. Formou parte dos consellos de redacción dos suplementos Galicia Literaria de Diario 16 e Faro das Letras de Faro de Vigo. Foi membro do Foro da Cultura e na actualidade forma parte do consello de redacción da revista Grial e do colectivo Burla Negra.

Xosé María Álvarez Cáccamo é fillo de Xosé María Álvarez Blázquez, autor homenaxeado este ano 2008 no Día das Letras Galegas.


Vento de sal (poesía) [Galaxia]

Diálogo de dúas voces en contraste, Vento de sal parte da procura da memoria íntima para se achegar, desde os instantes fundacionais do tempo pasado, ao presente dos acontecementos históricos colectivos. Xosé María Álvarez Cáccamo realiza o tránsito entre os textos de verbalización elíptica e crebada, en suxestión de ámbitos oníricos, e unha modulación de vontade épica, de proxección social e de denuncia. Unha nova inflexión da súa poética, que constata agora a imposibilidade de trazar a paisaxe da permanencia, co perenne contrapunto da transcendencia outorgada polos outros.

O libro proposto en Literactúa para o mes de xuño O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (estará o 18 de xuño no Pub Silfo).
Literactúa! Comentarios (17) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 23-05-2008 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0