Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
literactúa


    literactúa


Suso de Toro conversou cos seus lectores e lectoras

Foron moitas as persoas que se achegaron á Cervexaría San Xoán de Carballo para conversar co autor compostelán Suso de Toro sobre a súa última novela, Home sen nome. A conversa foi presentada por Farruco Fraga, presidente da Asociación Cultural Lumieira.

Aquí podes ver as fotos da conversa.
FOTOS da conversa con Suso de Toro
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 31-05-2007 02:13
# Ligazón permanente a este artigo
Artigos gañadores do III Premio a artigos xornalísticos normalizadores
Xa foron publicados nos oito medio colaboradores os dous artigos gañadores do III Premio a artigos xornalísticos normalizadores. Concello de Carballo 2007.

O artigo que recibiu o primeiro premio, "Obreiras, tolos, escolares, poetas... A lingua galega nas cidades", de Miguel Mosquera Fociños, pódelo ler na rede en:

-Vieiros

-Galicia Hoxe

-A Peneira

-La Voz de Galicia

-La Opinión de A Coruña (.pdf), páx. 7


O artigo que recibiu o segundo premio, "Guía sexual da sociolingüística", de Séchu Sende, pódelo ler na rede en:

-Vieiros

-Galicia Hoxe

-A Peneira

-La Voz de Galicia

-La Opinión de A Coruña (.pdf), páx. 8

Tempos Novos, Diario de Bergantiños e A Nosa Terra tamén publicaron os dous artigos nas súas edicións en papel.
Literactúa! Comentarios (2) - Categoría: VARIOS - Publicado o 30-05-2007 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa con Suso de Toro sobre Home sen nome

Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 28-05-2007 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Home sen nome


Home sen nome


...de Suso de Toro

...O libro de Literactúa para maio de 2007



ISBN: 84-9782-447-4
Editorial: Xerais
Páxinas: 400
Ano de edición: 2006
Prezo: 19,50 ?




Presentación editorial:

Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello terminal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello, un home sen nome, un enigma invadido polas lembranzas, entre o delirio e o soño provocados pola medicación, enunciará o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria. Unha vida desacougante, condicionada pola perda prematura da nai, a presenza da sombra do seu irmán xemelgo, o seu paso polo Berlín onde emerxía o nazismo co que axiña simpatizou, o seu protagonismo nas sacas da feroz represión do 36 en Compostela ou a súa participación como voluntario na División Azul.

A visita de Celia, unha moza guionista, obrigará ao vello sen nome a confesar lucidamente, sen rastro de arrepentimento nin remorso, a súa participación en múltiples fusilamentos, torturas e violacións e as súas razóns para facelos?Empregando formas achegadas ao drama, Suso de Toro ofrece a súa obra literaria máis ambiciosa: un relato de ficción intenso e emotivo onde pairan como pano de fondo os acontecementos da represión en Galicia durante os días do alzamento e os anos da posguerra. Unha reflexión perturbadora sobre a memoria que deita a mirada dun dos verdugos. Unha novela que procura as palabras necesarias que expresen e absolvan tanta dor afogada.


Conversa co autor:

Suso de Toro conversará cos lectores e lectoras de Home sen nome o mércores 30 de maio de 2007 a partir das 20.30 h na Cervexaría San Xoán de Carballo (Rúa de Ourense 8-10).

Home sen nome pola rede:

> Prensentación no blog Brétemas.
> Máis sobre Home sen nome no blog Brétemas.
> Ano da memoria. Episodio I. Crítica de Ana Domínguez Salgado en Culturagalega.org.
> Comentarios no blog dos pelachos.
> Ficha na Editorial Xerais.

O anuncio televisivo de Home sen nome:




E TI, QUE OPINAS DESTE LIBRO?

Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: LIBROS - Publicado o 16-05-2007 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Suso de Toro
...o autor do libro proposto por Literactúa para maio de 2007, Home sen nome.


Naceu en Santiago de Compostela en 1956. Está licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. É Premio Nacional de Narrativa 2003.

Como narrador publicou: Caixón desastre (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; Polaroid (1986), relatos, Premio da Crítica Galicia; Land Rover (1988), novela; Ambulancia (1990), novela; Tic-Tac (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; A sombra cazadora (1994), novela; Conta saldada (1996), novela; Calzados Lola (1997), Premio Blanco Amor 1997; Círculo (1998), relatos; Non volvas (2000), novela, Premio da Crítica Española; Trece badaladas (2002), novela, que foi adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa 2003; Morgún (2003), novela e Home sen nome (2006), novela.

Escribiu os libros de xornalismo e ensaio: F.M. (1991), Unha memoria da esquerda nacionalista (Camilo Nogueira e outras voces) (1991), Eterno retorno (1996), Parado na tormenta (1996), O país da brétema (2000), A carreira do salmón (2001), Nunca máis, Galiza á intemperie (2003), Españois todos (2004), Ten que doer (2004) e Outra idea de España (2005).

Publicou ademais a obra de teatro Unha rosa é unha rosa (1997) e Servicio de urxencias (2002), guións de televisión, etc. Tamén é protagonista do libro, preparado por Antonio Pedrós-Gascón, Conversas con Suso de Toro (Xerais 2005)

Conversa co autor

Suso de Toro conversará cos lectores e lectoras de Home sen nome o mércores 30 de maio, ás 20.30 h, na Cervexaría San Xoán de Carballo (Rúa de Ourense 8-10).

Suso de Toro pola rede

> Botelha ao mar, o blog de Suso de Toro
> Na Galipedia
> Na Biblioteca Virtual Galega
> Na Editorial Xerais
> En Culturagalega.org
> Suso de Toro e a proxección exterior da literatura, audio en Culturagalega.org
> Chat con Suso de Toro en Vieiros
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: AUTORES/AS - Publicado o 16-05-2007 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Miguel Mosquera Fociños e Séchu Sende gañan a terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo
Miguel Mosquera Fociños e Séchu Sende gañan a terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

  • O xurado tamén quixo recoñecer cun accésit un artigo de Xabier Cid

  • «Obreiras, tolos, escolares, poetas. A lingua galega nas cidades», de Miguel Mosquera Fociños, é o título do primeiro premio

  • «Guía da sociolingüística sexual», de Séchu Sende, é o título do segundo premio


O xurado da terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores reuniuse para decidir os artigos gañadores deste certame, ao que se presentaron 33 traballos de todas as partes do país e incluso de fóra, e decidiu concederlle o primeiro premio, dotado con 1.000 euros e a publicación do artigo en A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Tempos Novos e Vieiros, a un artigo titulado «Obreiras, tolos, escolares, poetas. A lingua galega nas cidades», de Miguel Mosquera Fociños (Lalín, 1982), licenciado en Filoloxía Románica e Galega, estudante de terceiro ciclo da USC, bolseiro do Departamento de Lingua do Concello de Santiago e membro do grupo de rock galego de serie B Ataque Escampe.

O seu artigo analiza a necesidade de que haxa proxectos normalizadores que conecten á clase obreira e á xente do ámbito cultural, por seren estes dous sectores os de maior uso do galego. O artigo foi galardoado «pola súa calidade, pola súa clareza expositiva e calidade lingüística, polos contidos orixinais e pola concreción nun tema concreto, cunha proposta clara para a normalización da lingua galega».

Tamén se decidiu concederlle o segundo premio, dotado con 350 euros e a publicación nos mesmos xornais, ao artigo «Guía da sociolingüística sexual», de Séchu Sende (Padrón, 1971), activista social e cultural, dinamizador sociolingüístico, profesor, autor de obras como Orixe (Premio Blanco Amor 2003) ou a de poemas Odiseas, e participante activo en diversos colectivos sociais, como Arredemo, Burla Negra, Area Negra, AS-PG, Nunca Máis, etc.

O seu artigo fai analoxía entre os bicos e a lingua, partindo de que «normalmente a primeira vez que outra persoa entra no noso corpo, ou a primeira que nós entramos dentro doutra persoa, é coa lingua». O artigo foi premiado «polos seus contidos orixinais e atractivos, pola súa capacidade de incidencia no público, polo seu humor e polas súas posibilidades no ámbito xuvenil».

Os membros do xurado do certame tamén quixeron recoñecer cun accésit, aínda que sen dotación económica, o artigo «Rariño seralo ti», do xornalista e na actualidade lector de galego en Stirling (Escocia), coordinador do suplemento proTexta da revista Tempos Novos e habitual colaborar do Vieiros, Xabier Cid (Ourense, 1975), «pola súa calidade, polas súas ideas innovadoras e pola concreción nun tema concreto cunha proposta de reflexión no mundo da normalización lingüística clara e necesaria, cuestionando o propio termo ?normalización?».

A entrega de premios terá lugar o xoves 17 de maio de 2007, ás 19.00 h, na Praza do Concello de Carballo, no transcurso dos actos do Día das Letras Galegas, e os artigos premiados serán publicados nos medios colaboradores diarios o sábado 18 de maio o (segundo premio) e o domingo 19 de maio (o primeiro premio), e nos casos dos medios non diarios nas edicións inmediatamente posteriores a eses días.

O xurado estivo composto por Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) e coordinadora provincial dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino; Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor da Universidade da Coruña e director do Servizo de Normalización Lingüística desa universidade; Ramón Vilar Landeira, segundo premio na edición de 2006 desta certame e director do xornal dixital Vieiros; e por Nel Vidal Barral, do Servizo de Normalización Lingüística de Carballo, con voz e sen voto.

Segundo se reflexa na acta, «o xurado considera que a convocatoria do Premio cumpre os seus obxectivos de promover a reflexión sobre a situación da lingua galega, de crear espazos nos xornais para analizar a situación social do galego e de promover o uso do galego na prensa escrita. Tamén destaca que esta terceira edición consolida o certame», tamén «considera que a calidade dos traballos presentados é alta, polo que felicitan a todas as persoas que se presentaron. Tamén destaca que a calidade lingüística do conxunto dos artigos aumentou con respecto ás edicións anteriores».
Literactúa! Comentarios (8) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 11-05-2007 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Literactúa en Culturgal
Culturgal. Feira do Libro e da Industria Cultural do 10 ao 13 de maio

O programa de difusión do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo, Literactúa, será dado a coñecer en Culturgal, a Feira do Libro e da Industria Cultural de Galicia que ten lugar en Pontevedra do 10 ao 13 de maio, promovida pola Asociación de Editores de Galicia (AGE).

A organización da feira interesouse no proxecto Literactúa como mostra de boas prácticas para o fomento do libro e a lectura en galego desde unha administración local, polo que decidiu dalo a coñecer neste feira e distribuír información do proxecto. A intención é avaliar por parte da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia o interese doutros concellos para a posíbel ampliación deste programa do Concello de Carballo a outras entidades, como xeito de estabilizar e darlle continuidade ao fomento do libro galega desde as administracións públicas, implicando a diversos sectores, facendo participar e opinar aos/ás lectores/as, achegadon entre si a autores/as e lectores/as, etc.

Pódese consultar a información completa de Culturgal en www.culturgal.com.

Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 10-05-2007 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Programa das Letras Galegas 2007 en Carballo
8 DE MAIO

Concerto bífido
Compañía San&San
Espectáculo de teatro para escolares
10.30 h e 12.30 h

9 DE MAIO

Literactúa
Presentación de Palabras contadas, de Camilo Franco, coa actuación de Magín Blanco

11 DE MAIO

Eu son María Mariño
Recital dramatizado a cargo de Brais Fernández Álvarez
Pazo da Cultura
21.00 h

15 DE MAIO

Correlingua
Carreira lúdico-educativa na que participan escolares de Carballo
A Coruña

16 DE MAIO

Festivas das Letras do CEIP Bergantiños
10.00 h
CEIP Bergantiños

17 DE MAIO

XXVII Concurso infantil de pintura
AC Lumieira
Praza do Concello
11.00 h

Oito horas lendo
Maratón de lectura de autores e autoras homenaxeados nas Letras Galegas
Xardín Municipal
De 11.30 h a 19.00 h

Entrega dos III Premios a artigos xornalísticos normalizadores
19.00 h
Xardín Municipal

Concerto das Letras da Banda Municipal de Carballo
20.00 h
Pazo da Cultura

Recordos de Carballo
Exposición de fotografías e diverso material antigo de Carballo
Casino de Carballo
20.00 h

18 DE MAIO

A caricia da serpe
Concerto poético, coa participación de Lino Braxe
Pazo da Cultura
21.00 h

20 DE MAIO

Encontros culturais Arume
Festival de música e baile
Local Social de Berdillo
18.00 h

26 DE MAIO

Da man de Gospel
Concerto
Pazo da Cultura
21.00 h

29 DE MAIO

Xoves intérpretes
Ciclo de concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo
Pazo da Cultura
19.00 h

30 DE MAIO

Xoves intérpretes
Ciclo de concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo
Pazo da Cultura
19.00 h

Literactúa con Suso de Toro
Suso de Toro conversa cos lectores e lectoras de Home sen nome
Cervexaría San Xoán
20.30 h

31 DE MAIO

Xoves intérpretes
Ciclo de concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo
Pazo da Cultura
19.00 h

1 DE XUÑO

Xoves intérpretes
Ciclo de concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo
Pazo da Cultura
19.00 h
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 07-05-2007 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Palabras contadas, de Camilo Franco

O libro:
Palabras contadas de Camilo Franco inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises.
Aproveitando a funcionalidade da literatura breve o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melancolía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor ou a alegría.

O autor:
Camilo Franco (Ourense, 1963) é escritor e xornalista. Correspondente cultural de La Voz de Galicia. Ten publicado os libros: A lúa no cénit e outros textos (1988), Ribadavia (1993), En malos pasos (Xerais 1995), «Chuvia tralos cristais» en Narradores de cine (Xerais 1996), do que foi coordinador; Por conto alleo (2003) e Palabras contadas (Xerais 2006). No espazo electrónico Vieiros publicou as series de narracións: Por conto alleo (1999) e Necesariamente X. A razón máis quente (2001). Palabras contadas deu pé á exposición homónima da Fundación Luís Seoane, organizada dentro do Proxecto-Edición (2006).

A presentación:
Camilo Franco presentará este innovador libro, Palabras contadas, en Carballo o mércores 9 de maio, na Cervexaría Dublín a partir das 20.30 h, e farao dun xeito particular: mediante unha performance, acompañado do músico Magín Blanco.
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 02-05-2007 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Palabras contadas, de Camilo Franco

O Concello de Carballo e a Cervexaría Dublín convídano/a á presentación do libro Palabras contadas, de Camilo Franco.

O autor estará acompañado do músico Magín Blanco, que combinará a charla cunha performance con música en directo.

Día: mércores 9 de maio de 2007
Hora: 20.30 h
Lugar: Cervexaría Dublín
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 02-05-2007 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0