|
|
|
Literactúa con Xurxo Souto sobre Tres trebóns |
|

|
|
|
|
Tres trebóns |
|

Tres trebóns
...de Xurxo Souto
...o libro de Literactúa para abril de 2008
ISBN: 978-84-9782-327-2
Editorial: Xerais
Páxinas: 160
Ano de edición: 2005
Prezo: 15,25 ?
Presentación editorial
Reúne cinco relatos presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da música da repichoca. Historias que están cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de música e terra. Repichocas que teñen a forza dun aturuxo quente, dun arrouto de paixón, esa forza do ancestral que Xurxo Souto sabe empregar para revelarnos cal é o pulso dun país novo, distinto, fachendoso. As cousas que di chegan ao corazón. Xurxo Souto exerce o seu oficio literario con frescura, con orixinalidade, cun poderoso universo propio que constrúe asumindo o mellor da tradición, o mellor da oralidade, o mellor da lingua popular, o mellor do rexistro dos contadores de contos, o mellor dos alentos narrativos, fundindo a vida, a literatura, a música e a mitoloxía coma se fosen unha única cousa que desfolla e queima para que, na alquimia das súas cinzas, renazan estes relatos prodixiosos.
Conversa co autor
Xurxo Souto falará cos lectores e lectoras de Tres trebóns o mércores 30 de abril a partir das 21.00 h no Bodegón O'Pescador de Carballo.
Tres trebóns pola rede
|
|
|
|
Xurxo Souto |
|
O autor do libro proposto por Literactúa para abril de 2008, Tres trebóns
Xurxo Souto (Lugo, 1966). Licenciado en Filoloxía Clásica. Traballa desde 1986 en diferentes medios de comunicación. Como narrador ten publicado: A tralla e a arroutada (1995), relatos; Fumareu (1997), relatos; O retorno dos homes mariños (1999), novela; Contos da Coruña (2001), escolma de artigos sobre a súa cidade e Tres trebóns (2005), relatos.
Foi vocalista do conxunto bravú Os Diplomáticos de Monte-Alto e agora toca o acordeón no grupo que leva o mesmo nome que o seu último libro, Tres trebóns.
Na actualidade é xefe de programas da Radio Galega e presentador do programa musical Aberto por reformas.
Conversa co autor
Xurxo Souto falará cos lectores e lectoras de Tres trebóns o mércores 30 de abril a partir das 21.00 h no Bodegón O'Pescador de Carballo.
Xurxo Souto pola rede
|
|
|
|
Semana do Libro e a Lectura de Carballo |
|
 PROGRAMA COMPLETO EN .pdf: aquí
INAUGURACIÓN
DÍA: Domingo 20 de abril
HORA: 12.30 h
LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo
PARTICIPAN: Grupo musical Stranniki e grupo de teatro do CEIP Fogar de Carballo
ACTIVIDADES ABERTAS AO PÚBLICO... A CONTAR!
Luns 21 de abril, ás 18.00 h
MANOLO VÁZQUEZ, de Berrobambán Teatro
Martes 22 de abril, ás 18.00 h
CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN
Mércores 23 de abril, ás 18.30 h
THE PINGA TEATRO: O rei dos mares
Xoves 24 de abril, ás 18.00 h
CHARO PITA
Venres 25 de abril, ás 18.00 h
YOLANDA CASTAÑO e EDUARDO HERMIDA
CLAUSURA
DÍA: Sábado 26 de abril
HORA: 12.30 h
LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo
PARTICIPAN: Teatro do Tempo: Os tres porquiños e algún outro
|
|
|
|
Propostas e conversas do 2.º trimestre de 2008 |
|

|
|
|
|
O Concello de Carballo convoca o IV Premio a artigos xornalísticos normalizadores en colaboración con nove medios |
|

-Outórgase un primeiro premio de 1.000 euros e un segundo de 350, ademais da publicación dos dous artigos gañadores en nove xornais
-Co premio colaboran nove medios de comunicación escritos
O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística, convoca por cuarto ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o uso da nosa lingua na prensa escrita.
O certame recompensa a redacción de artigos xornalísticos inéditos de opinión que traten sobre algún tema concreto relacionado coa defensa e promoción da lingua galega, co seu estatus, con propostas ou análises sobre o proceso de normalización lingüística, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas, con accións de impulso ao uso social do galego, con experiencias útiles ou favorábeis para a dinamización da lingua, coa política lingüística, etc. Os artigos presentados deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos e o prazo de admisión estará aberto até o 18 de abril.
Outorgaranse dous premios económicos, un primeiro de 1.000 euros e un segundo de 350 euros. Ademais, os dous artigos gañadores serán publicados nos nove medios de comunicación escrita colaboradores, que son: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos e Vieiros.
Nas tres edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños e Séchu Sende.
As bases completas do premio poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo (www.carballo.org). Tamén se pode obter máis información no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico normalizador@carballo.org.
|
|
|
|
|
|
|
|