literactúa


Literactúa con Antón Riveiro Coello sobre Os ollos de K

Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES LITERACTÚA - Publicado o 25-03-2008 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Os ollos de K



Os ollos de K


...de Antón Riveiro Coello


...o libro de Literactúa para marzo de 2008




ISBN: 978-84-9865-008-2
Editorial: Galaxia
Páxinas: 284
Ano de edición: 2007
Prezo: 16,00 €





Presentación editorial

O escritor Suso Paradela convértese involuntariamente no protagonista dunha novela que escapa ao seu control. A presenza dun home que agarda sentado nun banco sostendo na man un tarro cun ollo é o detonante que fai estourar os límites entre realidade e ficción. Os ollos de K non é tanto a escrita dunha aventura como a propia aventura da escrita. Un texto que vira sobre si e descobre os fíos labirínticos dunha trama entretida e intrigante, na que Antón Riveiro Coello ispe o feito literario e deixa á vista dos lectores e das lectoras o material artístico e a función creadora.


Conversa co autor

Antón Riveiro Coello conversará cos lectores e coas lectoras de Os ollos de K o mércores 26 de marzo de 2008 ás 20.30 h na Taberna-Café O’Patacón de Carballo.


Os ollos de K pola rede

  • Recomendación de Xosé Monteagudo


  • Ficha do libro no web da editorial Galaxia


  • Ficha do libro en Culturagalega.org


  • Crítica de Anxos García Fontes, en Culturagalega.org


  • Resumo en Libros de Finisterre


  • Ficha en Prazadasletras.org

Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: LIBROS - Publicado o 17-03-2008 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Antón Riveiro Coello


...o autor do libro proposto por Literactúa para marzo de 2008, Os ollos de K


Naceu en Xinzo da Limia en 1964, estudou Dereito e actualmente traballa na administración pública.

Ademais dun gran número de relatos en libros colectivos e revistas literarias ten publicadas as novelas Valquiria (1993, premio Camilo José Cela), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), Animalia (2000) coa que obtivo o premio Café Dublín 1999, As rulas de Bakunin, que recibiu o premio García Barros en 2000 e Homónima Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 2000.

En 2007 publica A voz do lago, novela coa que se adentra na creación literaria para os/as lectores/as máis novos/as e Os ollos de K, novela sobre a que nos falará en Literactúa.


Conversa co autor

Antón Riveiro Coello conversará cos lectores e coas lectoras de Os ollos de K o mércores 26 de marzo de 2008 ás 20.30 h na Taberna-Café O’Patacón de Carballo.


Antón Riveiro Coello pola rede
Literactúa! Comentarios (3) - Categoría: AUTORES/AS - Publicado o 13-03-2008 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Lendo espero!
Lendo Espero! é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia coa que colabora o Concello de Carballo e que pretende facer das esperas nos centros de saúde un tempo para poder achegarse á lectura.

Nas salas de espera de pediatría xúntanse cada día gran cantidade de pais/nais e nenos/as que se ven obrigados a compartir momentos de agarda.

Por esta razón, preténdese converter ese tempo nunha oportunidade para achegarse á lectura. Os centros de saúde poden ser lugares tan axeitados como a casa, o colexio, a biblioteca ou tantos outros para compartir unha lectura breve. Ademais de facer máis levadeira a espera, esta iniciativa permitirá introducir os libros na vida dos nenos e das nenas como forma de entretemento.

Por outra banda, búscase aproveitar o encontro de pais/nais e fillos/as para ler e demostrarlles aos pais e ás nais a importancia da lectura como unha forma de distracción e a riqueza que encerra.

Por estas razóns, desde agora, os cativos e cativas que teñan que pasar polo Centro de Saúde de Carballo (Avda. do Ambulatorio s/n), poden entreterse na sala de espera de Pediatría lendo algún libro en galego.

As nenas e os nenos poden coller alí os libros libremente para utilizar mentres estean no centro de saúde...

E cómpre lembrar que tanto na Biblioteca Municipal como na Ludoteca-Biblioteca Infantil de Carballo hai moitos máis!
Literactúa! Comentarios (5) - Categoría: OUTRAS NOVAS E OUTRAS ACTIVIDADES - Publicado o 13-03-2008 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Blog do programa Literactúa para o fomento do libro e da lectura en galego no Concello de Carballo.

O QUE É LITERACTÚA...
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PROCURA
 ALGUNHAS LIGAZÓNS
 ARQUIVO

Concello de Carballo

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


free web counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
© by Abertal