|
|
|
Conversa con Diego Ameixeiras. Mércores 31 de xaneiro |
|
 |
|
|
|
Acollida de Literactúa pola rede |
|
Así recolleron algúns sitios web a presentación e o inicio de Literactúa:
- O Concello de Carballo fomenta o libro galego con Literactúa
Os lectores terán encontros cos autores das obras recomendadas
Dez empresarios apoian a iniciativa, que promove este mes «Tres segundos de memoria»
La Voz de Galicia
- Os participantes poderán expresar as súas opinións nun blog propio
La Voz de Galicia
- Literatura máis viva ca nunca en Carballo
Ler un libro cada trimestre e poder gozar dunha conversa co autor ou autora, no ambiente cordial e íntimo dun bar: un proxecto tan sinxelo como interesante, que saca a literatura da "aura" para levala á rúa, familiarizala connosco.
Máis alá. Vieiros
- Non se le literatura, senón que se Literactúa
A Concellaría de Cultura de Carballo presenta unha interesante proposta que impulsará a gozar da lectura dun xeito novidoso
Finisterrae.com
- O Concello pon en marcha o proxecto Literactúa
No web do Concello de Carballo
- Concello, librarías, cafés e pubs en prol do galego
O Concello de Carballo presentou o programa Literactúa, unha iniciativa cuxo gran obxectivo é difundir o libro e a lectura en galego, na que se involucrarán, ademais da Concellaría de Cultura, librarías, cafés, bares, cervexarías e escritores/as que, a finais de cada mes, acudirán á capital de Bergantiños para comentar as súas obras
El Correo Gallego
- Literactúa é un novo proxecto de promoción da lectura
Web da Asociación Galega de Editores (AGE)
- Literactúa
Beizóns para a Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística do Concello de Carballo
Cartafol de Gardalivros
- Boas iniciativas desde pequenos sitios
Convalor
Ademais, tamén se falou do inicio de Literactúa nas edicións en papel de La Voz de Galicia, Diario de Bergantiños, La Opinión de A Coruña, El Correo Gallego, etc., e noutros sitios como o Diario Cultural da Radio Galega, en Radio Voz Bergantiños, en RadioFusión, etc. |
|
|
|
Literactúa con Diego Ameixeiras sobre Tres segundos de memoria |
|
 Mércores 31 de xaneiro
20.30 h
Pub Silfo
(Rúa de Rosalía de Castro 8) |
|
|
|
Diego Ameixeiras |
|
Diego Ameixeiras
...o autor do libro de Literactúa para xaneiro de 2007, Tres segundos de memoria.
Naceu en Lausanne, Suíza, en 1976, aínda que en realidade el é ourensán.
Profesionalmente é xornalista e traballa como guionista de televisión, e anteriormente foi redactor do Diario de Pontevedra e formou parte do equipo de www.bravu.net.
Antes de Tres segundos de memoria, a obra de Literactúa para xaneiro de 2007, publicou dúas novelas de grandísimo éxito, Baixo mínimos (Xerais, 2004) e O cidadán do mes (Xerais, 2006), ambas as dúas protagonizadas polo detective Horacio Dopico.
Con Tres segundos de memoria gañou o Premio Xerais de Novela 2006.
Conversa co autor:
Diego Ameixeiras conversará cos lectores e lectoras de Tres segundos de memoria o mércores 31 de xaneiro de 2007 ás 20.30 h no Pub Silfo de Carballo (Rúa de Rosalía de Castro 8).
Diego Ameixeiras pola rede:
>Ficha do autor en Xerais.
>Entrevista en Vieiros.
>Entrevista en La Voz de Galicia.
>Entrevista en A Nosa Terra.
>Ficha do autor en Lg3 de Culturagalega.org.
>Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega.
>Diego Ameixeiras gañador do Xerais, en Galicia Hoxe.
>Diego Ameixeiras gañador do Xerais, en A Nosa Terra.
>Diego Ameixeiras gañador do Xerais, en El Correo Gallego.
E TI, QUE OPINAS DESTE AUTOR? |
|
|
|
Tres segundos de memoria |
|
Tres segundos de memoria
...de Diego Ameixeiras
...O libro de Literactúa para xaneiro de 2007
- ISBN: 84-9782-487-3
- Editorial: Xerais
- Páxinas: 209
- Ano de edición: 2006
- Premios: Premio Xerais de Novela 2006
- Prezo: 14,30 ?
Presentación editorial:
Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado. O protagonista é unha persoa sociable e ocorrente, vítima do que el denomina o post-fracaso, unha actitude con fortes doses de cinismo ante a vida. O fío condutor de toda a narración é a interacción dese personaxe cos seus amigos e amigas sen moitos máis obxectivos visibles que o goce do sexo. Escrita cun estilo fresco, directo e cargado de humor, Tres segundos de memoria, a novela de Diego Ameixeiras gañadora do Premio Xerais de Novela 2006, fai un retrato dun sector urbano e moi damnificado da sociedade galega actual, onde a espontaneidade abrolla por enriba do politicamente correcto. Novela habitada por personaxes mozos, fracasados, maiormente cultos e con estudos pero desenganados e intencionadamente afastados dunha cultura que só os levou a engrosar as filas do paro e a prolongar traumaticamente unha adolescencia que xa non lles correspondía. Unha novela expresiva, escrita cun estilo fresco e directo e tremendamente cargada de humor.
Conversa co autor:
Diego Ameixeiras conversará cos lectores e lectoras de Tres segundos de memoria o mércores 31 de xaneiro de 2007 ás 20.30 h no Pub Silfo de Carballo (Rúa de Rosalía de Castro 8).
Críticas e opinións sobre o libro:
>Crítica de Manuel Rodríguez Alonso no Cartafol de Libros de Vieiros.
>Crítica de María Liñeira en Lg3 de Culturagalega.org.
>Opinión no blog Brétemas.
>Opinión no blog de Paleón.
>Presentación no blog Casa das Letras.
>Opinión no blog CCCP.
>Ficha técnica na Editorial Xerais.
E TI, QUE OPINAS DESTE LIBRO?
|
|
|
|
Propostas do primeiro trimestre de 2007 |
|

Para o 1.º trimestre do 2007, propoñémosche tres lecturas... Literactúa!
Xaneiro 2007
Tres segundos de memoria
Diego Ameixeiras
O autor estará o mércores 31 de xaneiro, ás 20.30 h, no Pub Silfo.
Febreiro 2007
Herba moura
Teresa Moure
A autora estará o mércores 28 de febreiro, ás 20.30 h, na Cafetaría Valle Inclán.
Marzo 2007
Spam
Francisco Castro
O autor estará o mércores 28 de marzo, ás 20.30 h, no Café Taberna O'Patacón. |
|
|
|
Presentación de Literactúa |
|
O Concello de Carballo, desde a Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, adquire o compromiso de fomentar o libro e a lectura en galego. Para isto pon en marcha este novo proxecto, Literactúa, que nace coa vontade de estabilizar e darlle continuidade a ese fomento do libro e da lectura en galego e de englobar e tecer pontes entre outras propostas que xa se desenvolven desde o Concello, como poden ser, por exemplo, a Praza dos Libros, a Semana do Libro e a Lectura, Libros Ceibes, etc., e outras posíbeis organizadas por outras entidades nas que pode participar o Concello de Carballo.
Este programa nace cunha proposta concreta, mais coa vontade de ser aberto, dinámico e participativo, de ir incluíndo novas actividades, de ir adquirindo novos compromisos, de ir incrementando e diversificando as súas accións, de ir implicando ao maior número de persoas, entidades, colectivos, etc.
A proposta concreta consiste en:
- Para cada trimestre proporase a lectura de tres libros, un por mes.
- O último mércores de cada mes, o autor ou a autora do libro proposto virá a Carballo para participar nun acto de conversa cos seus lectores e lectoras nun estabelecemento hostaleiro da localidade.
O programa distribúese en tres trimestres:
- Xaneiro, febreiro e marzo.
- Abril, maio e xuño.
- Setembro, outubro e novembro.
As propostas de libros daranse a coñecer por medio de marcapáxinas que se difundirán por todo o concello, especialmente nas librarías, bares e edificios municipais, e estes libros poderanse mercar nas librarías de Carballo colaboradoras co programa. Serán sempre obras de literatura galega actual.
Ademais, toda a información do programa estará sempre actualizada neste blog, www.carballo.org/literactua, onde se anunciarán e comentarán os libros propostos, onde se difundirán os actos cos autores e autoras, onde haberá información completa do programa, onde todas e todos poderedes comentar e opinar e desde onde se fará un seguimento actualizado de todas as accións que se desenvolvan.
Por todo isto, querémosche convidar a literactuar.
Colaboran con este programa:
- Libraría Brañas (Gran Vía 79)
- Libraría Teldy (Avda. de Bergantiños 53)
- Libraría Trasgo (Rúa do Muíño 48)
- Libraría Villar (Rúa do Caravel 13)
- Café Colón (Rúa de Colón 7)
- Café Taberna O?Patacón (Rúa de Ourense 19)
- Café Valle Inclán (Rúa de Valle Inclán 32)
- Cervexaría Dublín (Rúa do Fomento 25)
- Cervexaría San Xoán (Rúa de Ourense 8-10)
- Pub Silfo (Rúa de Rosalía de Castro 8)
- Biblioteca Municipal de Carballo
- Servizo de Normalización Lingüística
Para propostas e máis información:
981 704 304
normalizador[arroba]carballo.org
Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística
Concello de Carballo |
|
|
|
Libraría Villar |
|
Enderezo:
Rúa do Caravel 13
15100 Carballo
Teléfono:
981 700 414
Fax:
981 700 414
Enderezo electrónico:
libreriavillar@telefonica.net
Anos traballando:
Máis de 20
Responsábel:
María Teresa Vilanova Villar
Horario:
De luns a venres: de 9.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.30 h
Sábados, domingos e festivos: de 9.00 h a 14.00 h
A Libraría Villar, na estrada de Malpica, ofrece abondosos libros da mellor literatura galega. Tamén dispón de libros en castelán, de papelaría, libros de texto, fotocopias, servizo de fax, encadernacións, agasallos, prensa, etc. |
|
|
|
Libraría Trasgo |
|
Enderezo:
Rúa do Muíño 48
15100 Carballo
Teléfono:
981 756 457
Anos traballando:
Máis de 15
Responsábel:
María Elena Negreira Suárez
Horario:
De 9.30 h a 13.30 h e de 16.00 h a 20.30 h
A Libraría Trasgo dispón de libros de literatura galega e de literatura en castelán. Ademais, ten abondoso material infantil e dispón de papelaría, material escolar, prensa, fotocopias, agasallos, etc. |
|
|
|
Libraría Teldy |
|
Enderezo:
Avda. de Bergantiños 69
15100 Carballo
Teléfono:
881 983 079
Anos traballando:
Máis de 25
Responsábeis:
María Dolores Rama Collazo
María Carmen Rama Collazo
Horario:
De luns a venres: de 8.30 h a 13.30 h e de 16.00 h a 20.30 h
Sábados, domingos e festivos: de 9.00 h a 14.00 h
A Libraría Teldy, especializada en libros escolares, leva máis de 25 anos ofrecéndolle os seus servizos á xente de Carballo. Dispón do mellor da literatura galega e castelá, material didáctico, prensa, agasallos, papelaría, etc. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|